Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 1 de octubre de 2017 | Leída 468 veces

Romería de Pastoriza

Pastoriza iniciou onte cunha romería popular organizada polo concello de Arteixo as festas de San Miguel...

[Img #43329][Img #43330]

 

As actividades deste sábado comezaron as doce da mañá e culminaron co concerto do grupo Brath as 18:15 horas na praza do Santuario de Pastoriza. Entremedias houbo pasarrúas e actuacións diversas tanto nas rúas de Pastoriza como na mesma praza do Santuario a cargo de artistas como o grupo de gaitas da asociación cultural Triskel, As Revolteadoras e a banda de gaitas Devandeira.

 

Os artesans tamén tiveron gran protagonismo co zoqueiro Alberto Geada, un lugués de Alfoz que trouxo ferramenta primitiva dos zoqueiros e fixo unha demostración de como traballaban antes os zoqueiros. A olaría de Gundivós (Ribeira Sacra) tamén estivo representada por Otilia Arias con exposicións e obradoiros de arxila. Tamén fixeron demostracións as redeiras de Corme, concretamente a asociación A Illa da estrela con exposicións e obradoiros. Tamén houbo unha mostra dos barcos tradicionais de carpintería de Ribeira: os Patexeiros; que ofreceron unha pequena exposición e demostracións de traballos de carpintería. Outro dos artensans estivo centrado na cestaría coa asociación Amalgama de Lugo.

 

Estas actividades complementaronse con pasarrúas, cantos de taberna, postos de polbo, rosquilleiras, música e baile tradicional amenizada por moitos artistas durante todo o día.

 

[Img #43331][Img #43334]

 

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress