Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 1 de octubre de 2017 | Leída 11 veces

O Concello organiza unha excursión á Ribeira Sacra dirixida a persoas maiores, xubiladas e pensionistas

Realizarase o 14 de outubro. A xornada inclúe viaxe en catamarán polos canóns do Sil, xantar e visitas a un centro oleiro e a unha adega. O prezo é de 15 euros...

O Concello da Laracha organiza unha excursión á Ribeira Sacra dirixida ás persoas maiores, xubiladas ou pensionistas do municipio. Trátase dunha proposta lúdica, recreativa e cultural que se marca como obxectivo esencial optimizar o tempo de lecer deste colectivo e axudar a tecer relacións sociais entre os asistentes.

 

A excursión terá lugar durante a xornada do 14 de outubro, estando a saída do autobús prevista para as 7:30 horas desde a explanada do IES Agra de Leborís y da biblioteca municipal da Laracha. O primeiro punto de destino será o Concello de Sober, concretamente o embarcadoiro de Doade, onde os participantes disfrutarán dun percorrido en catamarán polos canóns do río Sil. A continuación será o xantar nun restaurante da zona. Pola tarde visitarase o Centro Oleiro Rectoral de Gundivós e tamén unha adega.

 

O custe da participación nesta excursión é de 15 euros, que inclúen o transporte, o xantar e todas as actividades que se desenvolverán ao longo da xornada.

 

As persoas interesadas en asistir deben formalizar a súa inscrición no departamento de servizos sociais do Concello da Laracha (novo edificio administrativo). As prazas son limitadas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress