Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 1 de octubre de 2017 | Leída 8 veces

s brigadas medioambientais municipais poñen en valor as concas fluviais do concello

Actualmente traballan no río Acheiro tras actuar anteriormente en tramos do Anllóns, Bradoso e Vilán. Solicitouse a Augas de Galicia unha intervención similar noutros tramos dos ríos Anllóns e Vilán. O Concello anima aos veciños a descubrir estes espazos naturais...

O Concello da Laracha continúa desenvolvendo labores de limpeza e acondicionamento nos leitos e nas canles dos ríos, actuacións que están a ser executadas continuadamente desde o verán polas brigadas medioambientais municipais cos obxectivos fundamentais de poñer en valor estas áreas de especial riqueza natural e paisaxística da zona interior da Laracha.

 

Os labores que se están a realizar consisten esencialmente na eliminación da maleza nas inmediacións do río para facilitar o tránsito a pé, a limpeza integral do lixo e a retirada dos residuos vexetais que poidan causar o estancamento da auga, especialmente troncos e árbores caídas.

 

Durante as últimas semanas xa foron obxecto destes traballos o tramo do río Anllóns entre a Ponte dos Muíños (parroquia de Coiro) e o lugar de Tuixe (Lemaio, xa no límite co municipio de Carballo), do Bradoso entre As Leborías e O Raño (Montemaior) e de todo o entorno do paseo fluvial do río Vilán (parroquia de Cabovilaño). Actualmente as brigadas medioambientais municipais traballan no río Acheiro para acondicionar o seu percorrido entre a Ponte da Beria (Golmar) ata a súa desembocadura no río Anllóns.

 

Á marxe destas actuacións, o Concello da Laracha ten solicitado a Augas de Galicia intervencións de similares características no río Vilán entre O Vilar e o límite con Carballo, así como na zona alta do río Anllóns.

 

O patrimonio natural que conforman as concas dos ríos laracheses son lugares de gran beleza paisaxística e biodiversidade animal e vexetal que en moitos casos é descoñecida mesmo polas persoas residentes nas proximidades desas zona. Desde o Concello da Laracha animamos aos nosos veciños a descubrir estes entornos que ofrecen os ríos Anllóns, Vilán, Bradoso e Acheiro e que, tralas actuacións municipais desenvolvidas e as que se están levando a cabo nestes momentos, son de cómodo acceso a pé e permiten a realización de rutas de sendeirismo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress