Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 30 de septiembre de 2017 | Leída 15 veces
arteixo

A Escola Municipal de Música de Arteixo oferta actividades complementarias e pon en marcha unha sede en Meicende

A Escola Municipal de Música de Arteixo (EMMArteixo) ata este curso formaba ás persoas aficionadas na súa sede principal ubicada no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Ao longo do tempo de funcionamento a demanda foi cada vez maior e desde o Concello de Arteixo marcouse como obxectivo descentralizar a oferta para dar cabida a máis alumnado...

[Img #43323]As Escolas de Música son recursos para a formación non regrada pero que supoñen unha importante aportación inicial para aquelas persoas que teñan interese en continuar no ensino regrado destas especialidades.

 

Neste curso 2017/2018, comezarase a formación nunha nova sede en Meicende. A oferta inicial irase ampliando en cursos sucesivos ata dispoñer de todos os cursos, adaptándose aos intereses que vaian manifestando as persoas interesadas en ser as pioneiras deste expansión da Escola.

 

No prazo que se abre o martes 3 de outubro, as solicitudes de preinscrición poderán formalizarse para as seguintes materias:

 

Música e Movemento para infancia con distintos grupos de idade. A formación nestes niveis promociona o achegamento á música, os seus elementos e a súa interrelación co desenvolvementos físico a través do ritmo. Os grupos son os seguintes:

 

  • Iniciación I para nados no 2013
  • Iniciación II para nados no 2012
  • Básica I para nados no 2011
  • Básica II para nados no 2010

 

1º curso do grao elemental que incluirá como materias obrigatorias a linguaxe musical (actividade en grupo) e a práctica instrumental coa elección dun instrumento. Para acceder a este nivel o alumnado ten como único requisito ter nado no 2009 ou en anos anteriores.

 

Os instrumentos que se poden elexir (1 por persoa) son os seguintes: Acordeón, Canto, Clarinete, Frauta traveseira, Gaita, Guitarra, Percusión, Piano, Saxofón, Vento-metal, Violín, Violonchelo.

 

Para a adxudicación de prazas (25 prazas totais) aplicarase o mesmo sistema que na sede de Arteixo: sorteo e lista de agarda por rigurosa orde.

 

Coa finalidade de ampliar a formación dos participantes, ofértanse as actividades de conxunto que se imparten na sede central da Escola (Arteixo) e que son as seguintes:

 

  • Aula Folk
  • Combo
  • Coro infantil
  • Coro adultos
  • Banda de música

 

Neste curso póñense en marcha novas iniciativas que supoñen unha oportunidade para a expansión dos coñecementos musicais prácticos e afianzamento dos coñecementos teóricos. Estas actividades tamén se poderán disfrutar na sede central. Son as seguintes:

 

  1. Orquestra como nova agrupación que ten como obxectivo o traballo en grupo.
  1. Actividades complementarias con obxectivos, metodoloxías e didácticas ben diferentes:
  • Tecnoloxía musical: unha actividade semanal que utilizará os recursos tecnolóxicos en educación musical, medios audiovisuais, informática musical para conectar a creatividade coa producción musical.
  • Educación auditiva e vocal (para cursos específicos polas características da materia): formación complementaria de reforzo na formación teórica.
  • Musicoterapia:  actividade semanal con grupos de participantes reducido, a través da que se promove a comunicación, a aprendizaxe, o movemento, a expresión e/ou a restauración de funcións persoais a través da prevención, da rehabilitación e o tratamento terapéutico.

 

As prazas son limitadas polo que nalgunhas das actividades ofertadas terá preferencia o alumnado da Escola.

 

As persoas interesadas en inscribirse en calquera actividade teñen de prazo do 3 ao 11 de outubro na sede central da EMMArteixo (Centro Cívico de Arteixo) nos horarios de atención ao público que son os seguintes:

 

Horario de atención ao público

Luns, mércores e venres de 09:00 a 13:30 h

Martes e xoves de

10:00 h a 12:00 h

Martes de 16:30 a 19:00 h

Outras tardes: consultar taboleiro

Lugar

Aulas da EMMArteixo

Centro Cívico Cultural

de Arteixo

Paseo fluvial s/n Arteixo

Teléfono

671 582 787

(preferente)

981 647 294

Web www.arteixo.org

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress