Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 29 de septiembre de 2017 | Leída 67 veces

Galicia volve cumprir en 2016 o obxectivo de déficit e mantense como unha das comunidades máis solventes de España

Feijóo destaca que a nosa Comunidade “paga aos seus provedores 21 días máis rápido que a media autonómica”. O presidente da Xunta salienta que Galicia aforrou o ano pasado 38 millóns de euros en xuros da débeda e que os ingresos correntes foron superiores en 449 millóns de euros aos gastos correntes...

[Img #43318]

 

Logo de que a Consellería de Facenda presentase a Conta Xeral correspondente ao pasado exercicio 2016 e de que o Consello autorizase onte a súa remisión con carácter inmediato ao Consello de Contas e ao Parlamento, Feijóo subliñou en rolda de prensa que Galicia volve cumprir en 2016 o obxectivo de déficit e se mantén como unha das comunidades máis solventes de España.

 

Respecto ao contido desde documento, fixo fincapé en que a Conta Xeral de 2016 volve poñer de manifesto o rigor e a eficiencia orzamentaria coa que traballa a Comunidade, así como as vantaxes que isto permitiu.

 

O presidente da Xunta resaltou que, un ano máis, como vén ocorrendo desde o 2009, o Executivo autonómico axustouse aos parámetros fixados polo Consello de Política Fiscal e Financeira. Neste senso, concretou que a Comunidade pechou o ano cun déficit do 0,59%, 343 millóns de euros, unha porcentaxe que, segundo explicou, se sitúa “por debaixo do 0,7% fixado como máximo para o conxunto das comunidades, e máis de dúas décimas por debaixo da media das autonomías, que se situou no 0,82%”. Así mesmo, subliñou que Galicia é a segunda autonomía cun menor déficit público acumulado desde 2012, un 4,7%, ao situarse tres puntos por debaixo da media do conxunto (7,74%) e moi lonxe de comunidades como Murcia, Valencia ou Cataluña, nas que o déficit supera o 10%.

 

Diante destas cifras, o presidente da Xunta salientou que Galicia aforrou o ano pasado 38 millóns de euros en xuros da débeda, e lembrou que é a comunidade na que menos medrou o volume de débeda desde finais de 2008. Ademais, salientou que esta foi a comunidade autónoma que logrou un maior aforro bruto, é dicir, que os ingresos correntes foron superiores en 449 millóns de euros aos gastos correntes e precisou que este diferencial permitirá que se sitúe como a segunda autonomía cun maior esforzo investidor, un 12% do gasto non financeiro, ao duplicar practicamente a media das demais.

 

Por último, Feijóo afirmou que a Conta Xeral tamén axuda a cuantificar o beneficio que supuxeron para os galegos as baixadas de impostos. Ao respecto, subliñou que, en total, 41 millóns de euros quedaron no peto dos cidadáns grazas á supresión do Imposto de sucesións para a práctica totalidade dos galegos e ao Programa de impostos cero no rural.

 

Así mesmo, recordou que cumprir significa blindar o autogoberno e ser autónomos, así como que Galicia paga, algo do que se benefician todos os galegos, especialmente os provedores. Nesta liña, subliñou que os datos do primeiro semestre do ano revelan ademais que “Galicia paga aos seus provedores 21 días máis rápido que a media autonómica”.

 

O responsable do Goberno galego concluíu afirmando que todo isto se conseguiu facéndoo compatible cunha política que permite incrementar as oportunidades económicas e sociais aos cidadáns. En concreto, detallou o incremento de oportunidades a través de menos impostos, unhas políticas que comezaron en tempos complicados para a economía e que, segundo asegurou, se reforzarán sempre que haxa marxe para facelo.

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress