Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 28 de septiembre de 2017 | Leída 8 veces

O Pleno votará a aprobación definitiva da ordenanza do servizo madrugadores na sesión ordinaria deste venres

Tamén a composición da Comisión de Deslinde co Concello de Culleredo. O Martes de Entroido (13 de febreiro) e o xoves 16 de agosto, posibles festivos locais. Proporase que os Plenos ordinarios se celebren o último xoves dos meses impares...

O Concello da Laracha celebrará este venres o Pleno ordinario correspondente ao mes de setembro. A esa sesión serán elevados por iniciativa do goberno local diferentes asuntos que nesta semana xa foron sometidos a ditame da Comisión Informativa.

 

Unha das cuestións máis relevantes será a proposta de elevar a definitiva a aprobación da ordenanza municipal reguladora do servizo Madrugadores que desde o inicio do novo curso escolar se está a ofrecer nos tres colexios de infantil e primaria do municipio, aínda que actualmente soamente se alcanzou a cifra mínima de usuarios no CEIP Otero Pedrayo da Laracha.

 

Por outra banda, someterase á votación do Pleno a composición da Comisión de Deslinde da Laracha co Concello de Culleredo. Axustándose ao estipulado na Lei de Administración local, o goberno municipal proporá que estea formada polo alcalde (José Manuel López Varela), tres concelleiros (Jesús Souto, Alberto Fuentes e Ramiro Bello), a arquitecta técnica municipal, un enxeñeiro agrónomo en calidade de perito asesor e dúas persoas que, pola súa idade e acreditado xuízo, poderán confirmar os puntos exactos onde estiveron os marcos ou os sinais divisorios entre ambos Concellos.

 

En canto aos festivos locais para o ano 2018, e tendo en conta que o día da Romaría dos Milagres (8 de setembro) coincidirá en sábado, a pretensión é establecer como tales o Martes de Entroido (13 de febreiro) e o Día de San Roque (16 de agosto), una das xornadas grandes das Festas Patronais da Laracha.

 

Salientar tamén que o goberno local proporá o cambio de data de celebración das sesións ordinarias do Pleno para que pasen a ser no último xoves de cada mes impar en lugar do venres, como se vén facendo desde o inicio da lexislatura. Faise para evitar que coincidan cos Plenos da Deputación da Coruña –celébranse o último venres de cada mes- despois de que o alcalde tomase recentemente posesión como deputado e ante o deber de José Manuel López Varela de presidir as sesións na Laracha e asistir ás que se celebran na institución provincial

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress