Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 28 de septiembre de 2017 | Leída 14 veces

Comeza a nova pavimentación da rúa Epifano Campo Núñez, actuación incluída no proxecto de humanización da zona

Será a última fase das obras previstas, que concluirán coa sinalización horizontal e vertical. As beirarrúas foron ampliadas e establecerase o sentido único de circulación. Trátase da zona residencial máis poboada do municipio e un dos ámbitos comerciais de maior relevancia...

[Img #43298]

 

O Concello da Laracha continúa avanzando no proxecto de transformación da céntrica zona da capital municipal da Laracha formada pola rúa Epifanio Campo Núñez e os seus puntos de confluencia coas rúas Eusebio Bértoa Queijo e Luis Martínez Vázquez. O obxectivo das obras é humanizar esta área residencial con maior número de habitantes do municipio, que ademais alberga o centro médico da Laracha e conforma, tamén, unha das zonas comerciais de máis relevancia.

 

Despois de ampliarse as beirarrúas ata alcanzar unha anchura mínima de dous metros, o proxecto concluirase coa pavimentación de toda a rúa, actuación que comezou a executarse hoxe, centrándose os primeiros traballos nos espazos reservados ao aparcamento de vehículos. A continuación dotarase cunha nova capa de rodadura á zona de circulación.

 

Neste lugar variarase a ordenación do tráfico establecendo o sentido único de circulación, o que posibilitará priorizar o tránsito peonil e manter as prazas de estacionamento a ambas marxes da vía, así como o acondionamento de maior espazo para os vehículos de persoas con mobilidade reducida. Iso tamén implica a renovación da sinalización horizontal e vertical, así como a regulación de todas as interseccións para que sexan claras e seguras tanto para os peóns como para os condutores, traballos que se desenvolverán a continuación antes de dar por finalizadas as obras.

 

Paralelamente a este proxecto na rúa Epifanio Campo Núñez estase a desenvolver outro no seu entorno e de similares características que afecta ás rúas Coruña, Pontevedra e Suíza. En total están a ser investidos máis de 300.000 euros nestas actuacións, ás que o Concello da Laracha dará continuidade cun novo plan, financiado integramente con fondos municipais, e que neste caso afectará as rúas Lugo e Carballo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress