Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 28 de septiembre de 2017 | Leída 15 veces
Deputación da Coruña

O escritor Vicente Luis Mora presenta na Biblioteca Provincial a novela gañadora do Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña

A obra Fred Cabeza de Vaca fíxose coa XXVIII edición do certame na modalidade de español...

[Img #43295]O escritor Vicente Luis Mora presenta hoxe xoves na Coruña a súa novela Fred Cabeza de Vaca, gañadora do XXVIII Premio Torrente Ballester de narrativa na modalidade en español.   O acto terá lugar ás 19:00 na Biblioteca Provincial da Coruña e, ademais do autor, participarán a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, o editor Santiago Tobón e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Gil. 

 

O escritor e crítico literario Vicente Luís Mora (Córdoba, 1970) presenta na Coruña a novela coa que gañou o premio Torrente Ballester na edición do pasado ano por decisión dun xurado composto por Luísa Castro, Remedios Zafra, Marcelo Luján, José Antonio Ponte Far e Blanca Riestra, gañadora da edición anterior, con Mercedes Fernández Albalat como secretaria e a vicepresidenta e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín, como presidenta.

 

"A novela narra a vida dun artista que se constrúe sobre as distintas versións que sobre el van achegando as xentes que o trataron. Integra personaxes reais e imaxinarios. É unha obra cunha gran carga teórica, caracterizada pola fragmentación e combinación de estilos, na que mestura voces literarias con voces ensaísticas", apuntou o xurado no fallo polo que lle outorgaron o premio a Vicente Luís Mora.

 

 Contemplaba tamén o xurado que a novela "cuestiona o sistema artístico cunha visión irónica e crítica. Entre os seus valores literarios destaca o uso de distintos rexistros lingüísticos e a variedade de estilos, que vai perfilando unha personaxe ambigua, polémica e manipuladora".

 

Escritor e crítico literario, Vicente Luís Mora, recibiu distintos premios literarios e colabora en revistas e suplementos culturais como Ínsula, Animal sospechoso, Clarín, El invisible anillo, Mercurio, Quimera ou Cuadernos del Sur del Diario Córdoba. O escritor mantén o blog de crítica literaria Diario de Lecturas (http://vicenteluismora.blogspot.com.es/).

 

En 2007 foi nomeado director do Instituto Cervantes de Albuquerque e en 2010 do de Marrakech. Entre outras obras é autor de títulos como Texto refundido de la ley del sueño, Mester de Cibervía, Nova, Autobiografía (novela de terror), Construcción, Tempo ou Serie en poesía. En narrativa asinou obras como a novela Alba Cromm, Circular 07.Las afueras ou o libro de relatos Subterráneos. Ademais, a súa bibliografía pódense sumar ensaios como Pasadizos. Espacios simbólicos entre arte y literatura, La luz nueva. Singularidades en la narrativa española actual, Singularidades: ética y poética de la literatura española actual, Pangea: Internet, blogs y comunicación en un mundo nuevo ou El lectoespectador.

 

A obra de Vicente Luis Mora impúxose nun certame ao que se presentaron 512 obras procedentes de 24 países. Ademais do Estado Español, chegaron envíos desde Alemaña, Hungría, Francia, Perú, Arxentina, Noruega, México, Ecuador, EE.UU, Finlandia, Venezuela, República Dominicana, Reino Unido, Israel, Italia, Costa Rica, Canadá, Chile, Bélxica, Suecia, Colombia, Bolivia e Cuba.

 

Sinopse da novela

Unha académica proponse escribir unha biografía sobre “o artista español máis universal desde Picasso”: Fred Cabeza de Vaca. Para iso, mergúllase nunha investigación que pretende reconstruír a vida do artista falecido, nun intento de descifrar o enigma detrás do artista e da persoa, ambos igualmente polémicos e escurridizos. A través de entrevistas tanto con colegas como con algunhas das numerosas exparellas do artista (das que leva un rexistro numérico, como se foran obxectos que coleccionar e desbotar compulsivamente) e dos escritos e diarios do propio Cabeza de Vaca, emerxe unha figura por momentos fascinante, por momentos repulsiva, chea de claroscuros, que funciona perfectamente como arquetipo do feitizo e os abusos do mundo da arte contemporánea. Como lectores e lectoras, buscaremos comprender si cabeza de Vaca era un xenio ou un farsante, un visionario ou un oportunista, un alma atormentada ou un gañán, un intelixente promotor de si mesmo ou un arribista sen remedio.

 

Cun poliédrico “retrato do artista”, construído como un collage, Vicente Luis Mora reflicte (e interroga a) unha época e un mundo –a da arte contemporánea- definidos por todo tipo de excesos, complexidades e miserias.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress