Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 27 de septiembre de 2017 | Leída 22 veces

Os concellos e entidades que impartirán formación específica para desempregados reúnense para coordinar a súa estratexia

As entidades que van a desenrolar as accións do programa AFD mantiveron onte un encontro de traballo no que tomaron coñecemento das principais novidades. O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, lembrou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria abre novas oportunidades a máis de 5.200 persoas...

[Img #43294]

 

Representantes dos concellos e entidades sen ánimo de lucro que impartirán a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas en Galicia (AFD) reuníronse onte pola mañá nunha sesión de traballo no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Monelos, na Coruña. O acto estivo presidido polo delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia, Ovidio Rodeiro, e contou coa presenza do xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Isidoro Martínez, e do xefe de servizo de Orientación e Promoción Laboral, Javier Campa.

 

O encontro tiña como obxectivo a posta en común entre os actores das actividades formativas dos puntos de vista, dúbidas e preguntas sobre a programación que está a piques de iniciarse. Os promotores do encontro explicaron polo miúdo as principais novidades da convocatoria, con especial atención á programación, seguimento, xustificación de gastos e participación na xestión das bolsas e axudas para o alumnado.

 

Achegouse, ademais, ás entidades unha documentación referente á xestión económica na que se resume a documentación que van a manexar os xestores, as principais novidades, os erros máis frecuentes, os criterios que se van a aplicar, unha táboa de prezos docentes e de prezos de avaliación da calidade.

 

O delegado territorial da Xunta na Coruña lembrou na súa intervención que para este curso están programadas na provincia un total de 288 accións formativas, cun orzamento de máis de 11,1 millóns de euros, “o que nos vai permitir ofertar máis de 130.000 horas e, o que é realmente importante, mellorar as oportunidades de inserción no mercado laboral de máis de 5200 persoas”. Ovidio Rodeiro sinalou que estamos a falar “dun importante esforzo do Goberno galego por abrirlle as portas do emprego a xente que ten as súas esperanzas postas nunha mellor formación”.

 

Rodeiro destacou que os cursos, impartidos por entidades homologadas, están avaliados por certificados de profesionalidade válidos en toda España. “Estamos a investir no máis importante que temos: o capital humano”, rematou o delegado territorial.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress