Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 27 de septiembre de 2017 | Leída 35 veces

Arranca a campaña ‘O que se enchufa, recíclase’ que percorrerá case 200 concellos galegos

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático supervisou o inicio desta iniciativa, coa que se instalarán preto de 1.000 contedores nos diferentes establecementos para que os cidadáns poidan depositar os aparellos en desuso ou inservibles. O obxectivo é combater os efectos negativos do vertido incontrolado, erradicar prácticas ilegais asociadas á súa xestión e concienciar á sociedade sobre a importancia da súa colaboración a través dunha tripla acción: reparar, reutilizar, reciclar...

[Img #43293]A campaña de reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, O que se enchufa, recíclase, comeza o seu percorrido pola xeografía galega co obxectivos de mellorar a xestión deste material de refugallo a través dos puntos de venda.

 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración coas entidades de responsabilidade ampliada dos produtores, pon en marcha esta campaña de sensibilización co fin de incrementar as cotas de reciclaxe deste tipo de aparellos. Para acadar este obxectivo, instalaranse un total de 1.000 contedores entre os diferentes establecementos, tanto en tendas de barrio como en grandes superficies, nos que os veciños poderán depositar os aparellos inservibles.

 

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, explicou que esta campaña conta cun orzamento de preto de 700.000 euros, que “permitirán o desenvolvemento dun total de 700 accións informativas de carácter itinerante, que chegarán a 138 localidades galegas con máis de 4.000 habitantes”.

 

Nos próximos nove meses, instalarase nos concellos que acollen esta iniciativa un posto informativo no que un equipo de técnicos explicará aos cidadáns os dereitos e obrigas fixados no Real Decreto 110/2015 en materia de reciclaxe. Esta iniciativa tamén estará nas redes sociais (facebook.com/RAEEGALICIA e twitter.com/RAEE_GAL) e conta coa súa propia páxina web www.oqueseenchufareciclase.gal.

 

A campaña O que se enchufa, recíclase xa ten presenza nas cidades de Ferrol, Lugo e Ourense e no mes de outubro recalará na da Coruña e no Concello de Narón.

 

Aclarou que un dos puntos fortes desta iniciativa de sensibilización é combater os efectos negativos do vertido incontrolado dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, especialmente os máis pequenos; eliminar as prácticas ilegais asociadas á súa xestión e informar á cidadanía sobre a importancia do correcto tratamento do refugallo mediante unha tripla acción: reparar, reutilizar e reciclar”.

 

A directora xerala tamén recordou que se trata dunha acción que se recolle no Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2022, que establece as bases para impulsar o tratamento de residuos domésticos cara a un escenario máis sostible; e a futura Estratexia galega de Economía Circular mediante a cal preténdese abandonar o caduco sistema lineal de fabricar-usar-tirar por un sistema que permita o máximo aproveitamento dos produtos.

 

Máis de 14.000 toneladas recollidas en 2016

Ferreira Costa recordou que en 2016 recolléronse en Galicia máis de 14.000 toneladas de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, o que significa que cada galego xerou unha media de 5 quilogramos destes refugallos de moi diversa tipoloxía: desde un simple móbil ata elementos de maior envergadura como frigoríficos ou conxeladores.

 

A cantidade de residuos retirados en 2016 supón un importante incremento con respecto ao exercicio anterior, cando se recolleron 10.600 toneladas, isto é, un 75 por cento menos. En concreto, os restos retirados polo sector da distribución experimentou unha subida entre os anos 2015 e 2016, pois pasouse das 3.800 toneladas ás 8.800. Estas cifras sinalan a importancia que ten incidir na recollida a través do sector da distribución, polo que agradeceu a colaboración de organizacións como a Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN), Asociación de Comerciantes de Electrodomésticos Mayoristas e Autónomos (ACEMA), Asociación Nacional de Grandes Empresas de Distribución (ANGED); imprescindibles para o bo e correcto desenvolvemento da campaña”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress