Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 27 de septiembre de 2017 | Leída 131 veces

O concello de Arteixo presentou o programa de actos da romería de San Miguel de Pastoriza que inclue unha actuación de Brath

Brath será a actuación estelar do sábado, día no que Pastoriza acollerá tamén unha reunión de artesans e outras actuacións musicales de diversos grupos de música tradicional. A programa comezará as doce da mañá finalizará as 18:15 cun concerto de Brath…

[Img #43288]

 

O concello de Arteixo presentou onte as variadas actividades que o próximo sábado se farán en Pastoriza polas festas de San Miguel. As actividades deste sábado comezarán as doce da mañá e culminarán co concerto do grupo Brath as 18.15 horas na praza do Santuario de Pastoriza. Entremedias haberá pasarrúas e actuacións diversas tanto nas rúas de Pastoriza como na mesma praza do Santuario a cargo de artistas como o grupo de gaitas da asociación cultural Triskel, As Revolteadoras e a banda de gaitas Devandeira.

 

Durante a presentación, a concelleira de Promoción Económica, Patricia Amado, sinalou que o concello traballa por “darlle un novo pulo as festas tradicionais do concello, que son un polo de atracción de visitantes como sempre foi, por exemplo, a romaría de Pastoriza”. Durante o día de romaría tamén se reunirán en Pastoriza artesáns de toda Galicia na praza do Santuario, dos que a continuación facemos unha enumeración:

 

O zoqueiro Alberto Geada, un lugués de Alfoz que traerá á feira da madeira ferramenta primitiva dos zoqueiros e fará a demostración de como traballaban antes os zoqueiros. A olaría de Gundivós (Ribeira Sacra) tamén estará representada por Otilia Arias con exposicións e obradoiros de arxila. Tamén farán demostracións as redeiras de Corme, concretamente a asociación A Illa da estrela con exposicións e obradoiros. Tamén haberá unha mostra dos barcos tradicionais de carpintería de Ribeira: os Patexeiros;  que ofrecerán unha exposición e demostracións de traballos de carpintería. Outro dos artensans estara centrado na cestaría coa asociación Amalgama de Lugo; que fará demostracións.

 

Estas actividades complementaranse con pasarrúas, cantos de taberna, postos de polbo, rosquilleiras, música e baile tradicional amenizada por moitos artistas durante todo o día, e na comida farase unha foliada aberta con encontro de músicos.

 

[Img #43289]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress