Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 27 de septiembre de 2017 | Leída 49 veces

Medio Rural traballa na creación dunha marca de garantía para amparar a calidade dos produtos da horta galega

A conselleira Ángeles Vázquez explicou onte que se trata de consolidar este sector e certificar o prestixio acadado polo noso agro nos diferentes mercados. A titular de Medio Rural visitou a empresa envasadora Hortalizas R. López, S.L. e a explotación Horta Bértoa, ambas situadas no concello coruñés da Laracha...

[Img #43286]

 

A Consellería do Medio Rural está a traballar na creación dunha marca de garantía para a horta galega que amparará estas producións co fin de consolidar este sector e certificar a súa calidade. Baixo este paraugas incluiranse produtos frescos de orixe galega tales coma leituga, pemento, cebola, grelo, tomate, feixón verde, repolo, verza ou pataca, entre outros.

 

A conselleira Ángeles Vázquez avanzou onte esta iniciativa na súa visita á empresa Hortalizas R. López, S.L., dedicada á comercialización de producións do agro e situada no concello coruñés da Laracha. Acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, a titular de Medio Rural explicou que a creación deste selo farase en colaboración e estreito contacto co sector beneficiario da medida. Deste xeito, engadiu, “darase cobertura a unha das referencias máis senlleiras do agro galego, que salienta pola súa calidade e cun prestixio nos diferentes mercados que convén impulsar”. Neste mesmo sentido, sinalou que “estas producións teñen xa un amplo recoñecemento nos mercados locais e na distribución e cómpre reforzar a súa vinculación coa marca xenérica Galicia para ampliar a súa expansión nos nacionais e internacionais”.

 

A conselleira lembrou ao tempo que Galicia é un territorio idóneo para os cultivos hortícolas de calidade, tanto polas súas condicións climáticas, hidrolóxicas e socioeconómicas como pola estrutura das súas explotacións e a súa tradición produtiva. Incidiu ademais no feito de que a horticultura está a configurarse como un interesante complemento á produción gandeira para algunhas cooperativas de produción de leite.

 

En Galicia existen unhas 850 explotacións profesionais de horta baixo cuberta, con preto de 150 hectáreas de superficie de invernadoiros. A maiores, na nosa comunidade hai unhas 1.100 hectáreas de superficie ao aire libre dedicada ao cultivo comercial de produtos de horta, aos que habería que engadir unhas 600 hectáreas máis de cultivo de grelo e faba. Os principais cultivos de horta baixo cuberta son a leituga, o pemento, o tomate e o feixón verde. No que atinxe á produción ao aire libre, salientan tamén, ademais dos xa mencionados, a cebola e o repolo. A maioría das explotacións hortícolas da nosa comunidade concéntranse en áreas costeiras das provincias da Coruña e Pontevedra.

 

Centro de envasado

Hortalizas R. López, S.L. é unha empresa constituída no ano 2009 que conta cun centro de manipulación e envasado de produtos hortícolas consistente nunha nave de 742 metros cadrados dotada de cámaras de recepción de produto e expedición, así como de puntos de carga e descarga, xunto con equipos de selección, envasado e etiquetado de hortalizas. Esta nave tamén dispón de entreplanta para administración e oficinas.

 

Nestas instalacións pódense procesar do orde de 2.500 toneladas anuais de hortalizas, principalmente leituga, acelga, espinaca, perexil, porro e repolo. Hai que destacar que unha parte moi importante das producións proceden de explotacións agrarias propias mediante o cultivo en invernadoiros e ao aire libre. Nestas instalacións tamén se prestan servizos de embolsado a outros produtores. A comercialización das producións da empresa realízase principalmente a través da plataforma de frescos de Vegalsa-Eroski.

 

Na súa estadía na Laracha a conselleira visitou tamén a explotación hortícola Horta Bértoa, localizada en San Fins e orientada á produción de leituga. Está instalación dispón de 6300 metros cadrados de invernadoiro e de dúas hectáreas destinadas ao cultivo ao aire libre.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress