Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 26 de septiembre de 2017 | Leída 13 veces

Feijóo afirma que co tren ao Porto Exterior se dá un salto cualitativo para converter os peiraos de Ferrol nunha referencia loxística da fachada atlántica do sur de Europa

Sostén que se trata dunha peza estratéxica para a competitividade económica de Galicia e para converter a dársena de Ferrol nun porto de importancia global. Precisa que o Porto Exterior dispón de case un millón de metros cadrados habilitados para a instalación de empresas. Resalta que a superación o pasado ano da cifra de 30 millóns de toneladas movidas neste peirao dá índice da súa constante evolución positiva. Valora o compromiso do Goberno central coas infraestruturas fundamentais para Galicia como a adxudicación, en outubro, das obras do último tramo da autovía entre Santiago e Lugo; e que Ferrol e Lugo non queden descolgados da alta velocidade...

[Img #43283]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou onte que co acceso ferroviario ao Porto Exterior se dá un salto cualitativo para converter os peiraos de Ferrol nunha referencia loxística da fachada atlántica do sur de Europa.

 

Durante unha visita ás obras do acceso ferroviario ao Porto Exterior, Feijóo incidiu en que esta infraestrutura é indispensable para seducir a aqueles operadores que centran a súa actividade no tráfico de colectores. Unha peza estratéxica para a competitividade económica de Galicia e para converter a dársena de Ferrol nun porto de importancia global, ao repercutir de forma decisiva na competitividade do porto e das empresas da comarca e, dese xeito, na xeración de novos postos de traballo e progreso.

 

Ao longo da súa intervención, Feijóo precisou que, hoxe en día, o Porto Exterior de Ferrol dispón de case un millón de metros cadrados habilitados para a instalación de empresas, e as que xa operan aquí contan con todos os servizos necesarios para facelo de forma eficaz, incluído un óptimo acceso terrestre polo que circulan máis de 1000 camións cada día.

 

Así mesmo, resaltou que a superación o pasado ano da cifra de 30 millóns de toneladas movidas neste peirao dá índice da súa constante evolución positiva, que aínda ten unha enorme capacidade de medrar de forma moi significativa.

 

O titular da Xunta referiuse tamén á envergadura da obra do Porto Exterior, non só porque supón un investimento de 90 millóns de euros da Administración do Estado, senón porque, ademais, as características do terreo e a necesidade de minimizar o impacto fan desta unha actuación singular.


Nesta liña, precisou que os dous portos ferroláns, o interior e o exterior, se unirán a través dun ramal ferroviario de dobre ancho e 6,4 quilómetros de lonxitude dos cales 5,6 discorren baixo os montes de Brión, a través do túnel que hoxe comeza a perforarse e que contará cunha galería de evacuación paralela á vía férrea. E destacou ademais a construción dun viaduto de 300 metros sobre a enseada da Malata.

 

Feijóo concluíu valorando o compromiso do Goberno central coas infraestruturas fundamentais para Galicia. E nesta liña destacou a confirmación do Ministerio de Fomento da adxudicación, no vindeiro mes de outubro, das obras do último tramo da autovía entre Santiago e Lugo que, xunto coa conexión entre Ourense e Lugo –tamén en execución-, permitirán acadar o obxectivo de que todas as cidades galegas estean unidas entre si por vías de alta capacidade.

 

O titular da Xunta referiuse tamén ao obxectivo de finalizar o tren de alta velocidade a finais de 2019, conforme ao calendario, así como ao compromiso do Goberno central de que Ferrol e Lugo non queden descolgados da alta velocidade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress