Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 26 de septiembre de 2017 | Leída 21 veces

O concello de Arteixo investirá durante o 2017 470.000 euros en melloras, arranxos e novas instalacións deportivas

O concello mellorou os polideportivos de Meicende, Galán, e Arteixo; os campos de fútbol de Meicende, Freán, Oseiro, Suevos e Arteixo; e comezará a finales de ano a construcción dunha nova pista de chave en Borroa (Meicende) e unha pista multideporte en Galán. O 45% da poboación de Arteixo está inscrita nalgunha instalación ou escola deportiva municipal co obxectivo de practicar deporte…

O concello de Arteixo investirá este ano 2017 cerca de 470.000 euros nas instalacións deportivas públicas do municipio. Concretamente neste verán acabaron as obras da nova pista multideporte de Chamín (57.000 euros); a mellora no polideportivo de Arteixo (cambio de pavimento e novo mobiliario) por un total de 54.183 euros; as obras de mellora no campo de fútbol de Arteixo (gradas, novo xerador eléctrico, etc.) por un total de 22.700 euros; obras de mellora nos campos de fútbol de Meicende (iluminación, vestiarios, peche perimetral, etc.) por un total de 48.448 euros; nos campos de fútbol de Suevos (15.939 euros), Oseiro (3.442 euros), e Freán (2.462 euros); ademais de inversións no polideportivo de Galán (11.002 euros). Outros proxectos agora en licitación, pero que se iniciarán a finales deste ano e polo tanto entrarán no investimento do 2017 serán un nova pista multideporte en Galán (180.000 euros) e unha nova pista de chave en Borroa (Meicende) (50.000 euros).

 

Estas inversións están en consonacia co auxe da práctica deportiva que está vivindo Arteixo, que ten cerca de 15.000 personas inscritas nalgunha instalación ou escola municipal co obxectivo de practicar deporte. Cunha poboación cercana os 32.000 personas, esto supón que o cerca de 45% da poboación de Arteixo utiliza as infraestructuras deportivas do concello.

 

Este gran número de practicantes foi un dos motivos polo que Arteixo recibiu o ano pasado o Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa. Como establece a convocatoria dos premios, estes galardóns recoñecen publicamente os máis destacados axentes do ámbito deportivo galego.

 

O departamento de Deportes do concello de Arteixo, que dirixe Purificación Zas, ofrece 31 modalidades nas escolas deportivas municipais. O Programa de Escolas Deportivas Municipais é o principal programa de fomento do deporte e actividade física en Arteixo. Actualmente hai máis de oitenta grupos de actividades nas citadas 31 modalidades deportivas. As modalidades dependentes do municipio máis utilizadas dentro da Escolas Deportivas Municipais son, por este orden, o aeróbic, o fútbol, a ximnasia de mantemento, o pilates, a ximnasia específica para a terceira idade, o yoga, o tenis, o patinaxe, ou o atletismo. Á parte de estas actividades, o departamento tamén promove aquelas actividades que se realizan en instalacións municipais, aínda que fora do sistema das Escolas Deportivas Municipais, como poden ser a liga de fútbol sala municipal, as actividades da piscina municipal ou aqueles deportes que se practican dentro da estructura das diferentes federacións en instalacións municipais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress