Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 26 de septiembre de 2017 | Leída 13 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña reafirma o compromiso co galego na conmemoración do Día Europeo das Linguas

O documentario do proxecto Tosta proxéctase hoy martes no Teatro Colón coa participación da Mesa pola Normalización Lingüística...

[Img #43280]

 

O proxecto Tosta de cooperación entre comunidades de linguas minorizadas chega hoy martes á pantalla do Teatro Colón , coincidindo coa conmemoración do Día Europeo das Linguas, a través dun documentario que narra a experiencia de encontro pola diversidade que xuntou culturas da costa atlántica europea. A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, presentou a iniciativa xunto co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e a delegada na Coruña, Celia Armas.

 

A Deputación da Coruña e a Mesa pola Normalización Lingüística constituíron a representación galega no proxecto Tosta, promovido dentro da programación de Donostia 2016, Capital Europea da Cultura. Un ano despois, a experiencia chega á pantalla do Teatro Colón por medio dun documentario que se proxectará o día 26, Día Europeo das Linguas, ás 20:00 horas ademais da presentación do libro Unha guía imperfecta que ofrece unha proposta práctica para axentes culturais que traballan en proxectos internacionais e queren promover prácticas de xestión respectuosas coas linguas minorizadas.

 

“Para plurilingües, nós”

“Tosta reivindica a diversidade lingüística desde o punto de vista das linguas minorizadas. O proxecto, do que partillamos da man da Mesa pola Normalización, puxo en valor a diversidade coa participación de  e sete países con linguas minorizadas e, nese sentido,  é unha conmemoración acaída para o Día Europeo das Linguas”, sinalou Goretti Sanmartín Rei  que lembrou o intercambio cultural da estadía da artista galesa Luned Rhys na Coruña e da música galega Belén Taxes en Irlanda, para desenvolver un proxecto sobre cantigas do mar.

 

“A experiencia mostra que, para plurilingües, nós, as persoas falantes de linguas minorizadas que temos que facer un esforzo duplo constante. Desde as institucións temos obriga de impulsar intercambios como o proxecto Tosta que uniu sete realidades lingüísticas”, sinalou a tamén responsábel da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, nunha intervención en que defendeu o papel das institucións á hora de protexer e promover o uso do galego. Neste sentido, destacou a recente aprobación da Ordenanza de Uso da Lingua Galega como “un paso fundamental para que a nosa lingua sexa principal, de comunicación, e se garantan os dereitos das persoas que usen o galego na administración”.

 

Fálame 2017

Fixo referencia tamén na súa intervención ao programa Fálame 2017 que cada ano fai unha achega a través dun curso a linguas e culturas de Europa na semana arredor do Día Europeo das Linguas. Desta volta, o catalán, danés e checo son as linguas protagonistas dos cursos que se desenvolverán o 26, 27 e 28 na propia Deputación.

 

As linguas minorizadas, protagonistas

Pola súa parte, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, destacou o éxito do proxecto Tosta á hora de mostrar “os problemas e a proximidade que teñen todas estas linguas en situación de minorización”. En canto ao libro que agora se presenta, Maceira fixo fincapé en que é o “resultado práctico do que se viu no desenvolvemento dunha iniciativa en que as linguas que estaban minorizadas tiveron o protagonismo”. Lembrou o deseño do proxecto a través de contedores aos que se lle foi sumando a carga cultural en cada un dos portos dos distintos países para formar parte do barco Tosta 2016 que navegaba cun rumbo común.

 

O proxecto, segundo anunciou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, terá continuidade o vindeiro con motivo da conmemoración da Capital Europea da Cultura en Leeuwarden, Frisia, “en que estará de novo presente a lingua galega que é, segundo a propia organización, a mellor maneira de dar a coñecer a nosa música,  paisaxe ou literatura”.

 

Convidou Marcos Maceira a asistir á proxección do documental no Teatro Colón co “fío condutor da viaxe polo occidente atlántico europeo coa participación de artistas como as galegas Belén Taxes ou Mónica de Nut, que formou parte da Banda Tosta, de encontro entre distintas linguas”.

 

A preguntas sobre a situación do galego a respecto doutras linguas minorizadas que participaron en Tosta, Marcos Maceira apuntou que “se nos comparamos co córnico estamos mellor porque estaba practicamente desaparecido mais hoxe conseguiu ter falantes, é dicir, sumar, fronte a nós que estamos a ver como diminúen. En comparanza co bretón, estamos en mellor situación ao ter lexislación na materia. Mais o galego éa única lingua do Estado que non ten dereitos básicos elementais para utilízalo no ámbito do consumo, que si teñen catalán e éuscaro”.

 

O documentario e a presentación do libro terán lugar o martes, día 26, ás 20:00 no Teatro Colón con entrada libre.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress