Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 26 de septiembre de 2017 | Leída 30 veces

Cespa deixou onte sen recoller os residuos dos contenedores da plaza das Viñas en Arteixo

O concello de Arteixo remitirá unha nova queixa oficial o Consorcio das Mariñas polos constantes incumplimentos da empresa privada, que acumula unha longa lista de malas prácticas que incluen o mal olor de contenedores pola falta de limpeza e as roturas dos mesmos, o que provoca que os líquidos lixiviados acaben na rúa. Outro dos incumprimentos pasa por non acudir os dous días de recollida semanais nas áreas rurais, que en ocasións so teñen un día de recollida semanal dos seus residuos…

[Img #43279]

 

O concello de Arteixo remitirá unha nova queixa o Consorcio das Mariñas para que obrigue a Cespa o cumplimento do contrato de recollida das basuras, polo que os veciños de Arteixo abonan o consorcio cerca de 2,7 millóns de euros anuais. Onte deixaron sen recoller os residuos na praza das Viñas, sita no núcleo urbano de Arteixo, o que se suma a unha longa lista de incumplimentos no servicio por parte de Cespa, que aparecen reflexados en anteriores queixas do concello o consorcio, como son o mal estado dos contenedores, tanto no que atinxe a limpeza (o que provoca malos olores) ou as roturas dos mesmos contenedores, que provocan que os líquidos lixiviados dos residuos acaben nas rúas. Outra das queixas do concello de Arteixo é o incumplimento nas zonas rurais dos dous días de recollida de residuos que hai por contrato, posto que en ocasións os camións de recollida so pasan un día a semana.

 

O concello non ve xustificado que unha empresa privada que cobra a nove concellos o recibo da basura máis caro de Galicia (126 euros) ofreza un servicio tan deficiente. O concello de Arteixo extende esta opinión o funcionamiento da xerencia do consorcio, que ten practicamente como única actividade continua controlar a recollida dos resioduos, e, sen embargo, non é capaz de acadar neste servicio uns mínimos niveis de calidade, xa sexa en canto a propia actividade de recollida diaria ou os niveles de reciclaxe, posto que unha gran parte dos residuos do consorcio estanse tirando en vertedoiros a ceo aberto, cos conseguintes perxuicios medioambientais.

 

Por outra banda, o concello de Arteixo continuara o proceso para convertir en público un servicio agora privado. Tras licitar o material necesario para municipalizar o servicio de recolliida de residuos no 2018 (compra de contenedores e camións), o concello aprobará un concurso público de empleo aberto a todos os cidadáns para dotar os 26 postos de traballadores municipais necesarios para asumir o servicio de recollida de residuos. Tamén baixará o recibo dos 126 euros anuais actuais a cen euros ou menos.

 

O novo plan de residuos de Arteixo propón a recollida nun modelo de cinco fraccións, que estarán físicamente  situadas en isletas de cinco contenedores -será o primeiro concello en Galicia que o fai-, que servirán para distribuir os residuos en orgánicos, papel-cartón, vidrio, envases lixeiros e a denominada fracción resto, que incluirá os residuos que non entren nos descritos anteriormente o aqueles que non foran separados. Esta aposta do concello de Arteixo reforzarase coa recollida selectiva e específica cun sistema de porta a porta para o comercio e a hostelería.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress