Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 21 de septiembre de 2017 | Leída 16 veces

A Xunta pon todos os medios á disposición dos afectados para a defensa dos seus dereitos tras a cancelación de voos de Ryanair

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia ofrece información e asesoramento a través das súas oficinas nas sete principais cidades galegas, na páxina web e no teléfono gratuíto 900 231 123. O organismo autonómico lembra que os viaxeiros teñen dereito á información, asistencia e ao reembolso ou transporte alternativo. O Goberno galego considera inadmisible a situación, xa que está a prexudicar os viaxeiros e o turismo de Galicia. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda xa se ten dirixido ao Ministerio de Fomento para solicitar información puntual sobre o expediente aberto por esta situación...

[Img #43253]

 

A Xunta pon a disposición dos afectados pola cancelación de voos de Ryanair todos os medios cos que conta a Administración autonómica para que poidan defender os seus dereitos.

 

Así, todos os pasaxeiros poden recibir información e asesoramento nas oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia nas sete principais cidades galegas, así como no teléfono gratuíto 900 231 123. Así mesmo, na web do IGCC  infórmase sobre este caso concreto e sobre diferentes aspectos dos dereitos dos usuarios do transporte aéreo. Os viaxeiros tamén teñen á súa disposición a rede de 138 oficinas de información ao consumidor que hai nos concellos (OMICS) e as asociacións de consumidores e usuarios de Galicia.

 

Desde o organismo dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria recoméndase presentar unha reclamación ante a compañía, que se poderá realizar por correo ordinario ou electrónico; utilizando o formulario de reclamación da empresa ou o que facilita a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA).

 

No caso de non recibir resposta no prazo dun mes ou esta non ser satisfactoria, os afectados poden presentar unha reclamación ante a AESA, que emitirá unha resolución que debe trasladar á compañía para que a cumpra. No caso de non facelo, os viaxeiros poden interpoñer unha reclamación en calquera das oficias do IGCC ou acudir á vía xudicial.

 

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia lembra que, segundo recolle o Regulamento europeo (CE) 261/2004, os dereitos dos consumidores no caso dunha cancelación son, ademais do dereito á información sobre a situación e os dereitos que os asisten, o dereito de asistencia, o que inclúe comunicacións, manutención, aloxamento e transporte de ser necesario. Tamén poderán reclamar unha indemnización por danos e prexuízos.

 

Ademais, cando a compañía non avisa da cancelación con cando menos 14 días de antelación o pasaxeiro ten dereito a ser compensado economicamente, salvo determinadas excepcións, cunha contía que varía en función do traxecto, e que vai de 200 a 600 euros.

 

Por outra banda, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda xa se ten dirixido á Secretaría Xeral de Transporte do Ministerio de Fomento para solicitar información puntual sobre as diferentes medidas tomadas polo Goberno e o expediente aberto pola cancelación dos voos. A Xunta considera inadmisible esta cancelación xa que está a prexudicar os viaxeiros e o turismo de Galicia. Neste sentido, o Goberno galego salienta que as administracións que destinan fondos públicos a subvencionar os voos de Ryanair deberían esixir medidas na defensa dos intereses dos cidadáns.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress