Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 21 de septiembre de 2017 | Leída 143 veces
arteixo

Arteixo inicia os programas educativos Educatízate e Concilia nos que participan arredor de 3.900 escolares do municipio

O concello invirte 275.000 euros o ano nos dous grandes programas de actividades que comezan agora a inscripción…

[Img #43248]

 

O concello de Arteixo, a través da concellería de Educación que dirixe Celina Varela, abre en setembro o periodo de inscripción para os dous grandes programas educativos que promove entre os cerca de 3.900 escolares do concello que hai previsto que participen. Son os programas Educatízate e Concilia, que supoñen unha inversión de 275.000 euros anuais.

 

Dentro de Educatízate, o concello ten actividades como as denominadas Luditardes, onde nenas e nenos do segundo ciclo de Educación Infantil y Educación Primaria participarán en actividades que se levarán a cabo na Aula da Natureza situada na Travesía de Arteixo. As actividades relacionadas desta iniciativa están relacionadas coa creación de hortos, experimentos coa auga, relatos científicos, formas de evitar a contaminación, etc.A preinscripción estará aberta ata o 28 de setembro.

 

Outra das actividades que ten o programa Educatízate é a iniciativa Xogando a medrar, que ten por obxecto a execución de sesións educativas para familias con nenos e nenas de 9 a 36 meses de idade, que teñen como obxectivo o desenvolvemento dos menores para favorecer as súas capacidades de cara a coñecer o seu propio corpo e o doutras persoas, observar e explorar o seu contorno familiar, natural e social; adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais; e desenvolver as súas capacidades afectivas.  A preinscripción está aberta ata o 28 de setembro.

 

Outras actividades dentro de Educatízate son teatro, cociña, idioma estranxeiro, xadrez ou baile moderno. Desde o concello realízase unha oferta de actividades para cada o nivel educativo de todos os centros escolares do término municipal: escolas de educación infantil (5 escolas), centros de primaria (4 centros), centros de secundaria, bacharelato e FP. Un total de 12 centros teñen a opción a participar en calquera das propostas que se plantexan para desenvolver dentro do centro ou fóra a través das saídas. Para executar no horario escolar dentro das aulas, a oferta á que poden optar é a seguinte:

 

  • Obradoiros de tradicións: Neles desenvolveronse aspectos relativos ós patróns culturais que as xeracións heredan das anteriores, entendidas como tales os valores, crenzas, costumes e formas de expresión artística características dunha comunidade transmitidos por vía oral.
  • Proxecto toponimia. Mediante ortofotos presentadas en paneis móbiles que serán subministrados por parte do Concello, o profesorado que así o desexe, poderá traballar a toponimia do termo municipal.
  • Obradoiros “Conciénciate”: o obxectivo é que os participantes adquiran noción e dimensión da importancia do seu propio coidado físico e, ademais, que se fagan conscientes da importancia da cooperación social para que o seu entorno sexa mellor.
  • Obradoiros “Diferentes pero iguais”: incídese na importancia de entender a diferencia como un feito normal para evitar a discriminación. Neste bloque plantéxase o obradoiro “SINTO” como unha xornada práctica onde se experimente sobre as circunstancias da discapacidade.
  • Obradoiros ambientais: actividades grupais que incidan na importancia do respeto ó medioambiente a través de propostas como “día da árbore”, certamen de pintura ambiental e “auga, fonte de vida”.
  • Obradoiros de prevención e seguridade no que se aborda a Educación Vial, primeiros auxilios, simulacros e primeiros auxilios.
  • Obradoiros “os nosos maiores” desenvolto por un grupo de voluntarios de maiores que lles contan aos máis pequenos a súa experiencia a través de contacontos, explicación dos xogos da súa infancia, como era a escola de antes e a emigración que tiña lugar na súa época.

 

Por outra banda, a través do programa Saímos a coñecer mundo ofértanse saídas fóra do centro agrupado nos seguintes roteiros temáticos:

  • Roteiro industrial (visitas a industrias de distintos sectores productivos).
  • Roteiro de servizos públicos con visitas ao Concello, ao Parlamento de Galicia, á Autoridade Portuaria ou a empresas de diversos sectores. 
  • Roteiros ambientais con visitas organizadas á Fraga de Sisalde, Encoro de Meicende, Litoral arteixán, área recreativa de Barreiros ou Paseo Fluvial. Os rapaces de calquera nivel descubrirán que moi cerca deles hai zonas de gran interese e valor.

 

Educación sexual e afectiva

Outro dos aspectos que tratará o programa Educatízate será a educación sexual e afectiva representa un aspecto de gran importancia na formación integral das persoas, non só o coñecemento biolóxico, senón tamén as relacións e a identidade de xénero. A información proporcionada ao alumnado nestes talleres será rigurosa, obxectiva e completa a nivel biolóxico, psíquico e social, entendendo a sexualidade como comunicación humana e fonte de saúde, afectividade e pracer.

 

[Img #43249]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress