Jueves, 19 agosto 2010

Lentitude no traslado dos alumnos de Barrionovo

Enviar por email

A alcaldesa de Arteixo lamenta a lentitude da Xunta en dar resposta ao traslado dos alumnos de Barrionovo...

[Img #4769]A Escola Infantil de Barrionovo será finalmente remodelada e ampliada gracias aos fondos FEES do Estado destinados ao Concello de Arteixo, un proxecto que o Goberno Local presentaba á Xunta, para o seu coñecemento, no pasado ano 2009.

A Xunta de Galicia remitía o pasado luns por fax un informe no que se daba o visto bo á alternativa presentada polo Concello, que supón o traslado dos alumnos da escola -39 nestes momentos- a uns módulos especialmente deseñados a tales efectos, que se situarán nunha parcela cercana á ubicación actual da Escola. Esta proposta de ubicación foi presentada polo propio executivo local á Xunta de Galicia no pasado mes de xullo “en vista de que o Goberno Autonómico non daba cumprida resposta ás nosas reiteradas peticións de reubicación”, tal e como explicaba a Alcaldesa de Arteixo, Dna. Pilar Souto Iglesias.

Segundo a rexedora local manifestaba, o Concello de Arteixo trasladou persoalmente á Xefa Territorial de Educación a súa petición de reubicación dos rapaces xa no pasado ano 2009 “posto que é a Xunta a responsable en materia educativa. Dende esa primeira xuntanza, no mes de novembro de 2009, e até o luns, mantivemos unha correspondencia constante coa Consellería de Educación, reiterando a urxencia de fixar a nova ubicación dos rapaces, pero a Xunta ignorou sistematicamente ás nosas peticións”.

O Goberno Local solicitou pois, por escrito, e en numerosas ocasións aos responsables autonómicos que facilitaran o traslado dos rapaces, “peticións ante as que non obtivemos resposta algunha”, explica Dna. Pilar Souto, “e nos obrigaron, dada a necesidade do comezo das obras, a plantexar nós mesmos unha alternativa viable e lóxica para os rapaces”.

Esta alternativa foi entregada á Consellería de Educación, segundo o rexistro oficial de entrada, o pasado 29 de xullo, e non o 2 de agosto, como aseguran dende o Goberno Autonómico, e non se obtivo tampouco resposta algunha a ela até o pasado luns, de xeito non oficial, e por vía fax.

“É unha vergoña que a Xunta asegure que non puxo trabas ao traslado dos nenos, cando levamos case un ano esperando unha resposta que non chegaba, e cando tivo que ser o propio consistorio quen plantexase unha alternativa, ante a absoluta falta de iniciativas por parte do Goberno Autonómico”, manifestaba a Alcaldesa, que aseguraba que “se fora polo interese posto pola Xunta de Galicia, os rapaces seguirían sen saber onde darán clases até ben empezado o curso, algo inaceptable”.

Dende a Alcaldía de Arteixo aseguran que esta “inaceptable demora” pode afectar ás obras, aínda que, en palabras da propia alcaldesa “estamos traballando xa para que o absoluto desinterese da Xunta non afecte aos rapaces nin ás súas familias, e a obra poida estar rematada en tempo e forma”.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS