Miércoles, 18 agosto 2010

Convenio coa Banda de Música Santiago de Arteixo

Enviar por email

A alcaldesa de Arteixo asigna o convenio coa Banda de Música Santiago de Arteixo...

[Img #4751]A Alcaldesa de Arteixo, Dna. Pilar Souto Iglesias, e o presidente da Banda de Música Santiago de Arteixo, José Manuel Bouzas Suárez asinaban onte o tradicional convenio de colaboración entre ambas entidades, un acordo que posibilita a participación da Banda nalgunhas das citas máis destacadas do calendario festivo municipal, até un total de 12 actuación anuais.

A cambio, a Banda de Música Santiago de Arteixo recibe como contraprestación un armario para os seus uniformes e unha aula no Centro Cívico Cultural, que servirá coma lugar de formación e domicilio social, tendo absoluta preferencia na súa utilización os mércores, xoves e venres, agás nos casos excepcionais por mor das necesidades da programación municipal.

En concepto de pago polas actuacións, o Concello aboa a cantidade de 8.400,00 € no ano 2010, coa finalidade de que reverta nunha maior calidade musical e na profesionalidade dos membros que a compoñen, comprometéndose a Banda a amplia-lo número de participantes, instrumentos e uniformes necesarios, ademais de realizar 12 actuacións para seren distribuídas polo Concello durante o período de vixencia deste convenio.

Os alumnos/as do Conservatorio e da Escola de Música poderán participar nos ensaios e actividades que organice a Banda de Música, podendo ter opción a formar parte do grupo, e a Banda de Música Santiago de Arteixo realizará, coma mínimo, un concerto o ano no Auditorio comprometéndose, ademais, á organización do “Encontro de Bandas” para o que contará coa colaboración da Concellería de Cultura na organización e financiación do evento.

O convenio asinado hoxe entra en vigor este mesmo ano 2010, renovando o compromiso de colaboración entre a Banda de Música Santiago de Arteixo e o Concello, unha colaboración que conta xa con anos de tradición.

¡Deje su comentario!
1 Comentario
Jose Manuel Bouzas Súar
Fecha: Sábado, 28 agosto 2010 a las 15:47
como sempre contentos de participar nos actos do Concello ESPEREMOS QUE A COLAVORACIÓN SEXA CADA DIA AMPLIA
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS