Dende onte martes 17 de agosto, e até o vindeiro venres 27, a exposición da Deputación da Coruña, “Rosalía Sempre Viva” abre as súas portas, en horario de 09:00 a 14:00 horas, para todos aqueles que desexen coñecer un pouco máis da figura da grande poetisa galega...
A exposición, que conmemora o cento vintecinco falecemento da escritora Rosalía da Castro, a quen o comisario da exposición, Diego Pardo, definiu “como un referente na literatura universal”, e esta mostra supón coñecer a unha Rosalía “visionaria do futuro do noso idioma” e “da problemática das mulleres cos malos tratos”.
A exposición fai un percorrido polas diferentes vertentes da vida e obra da literata e así nos mostra a unha Rosalía culta, revolucionaria, feminista, universal e que foi fundadora da literatura galega contemporánea.
A mostra está conformada por vinte paneis compostos de elementos gráficos e textos que repasan os aspectos máis relevantes da vida e obra de Rosalía de Castro realizada con unha grande seriedade e rigor, que está acompañada de recursos audiovisuais que permite que o público interactúe cos seus distintos elementos.
Arteixo é o primeiro dos concello onde se mostra a exposición itinerante que despois será levada a Boiro, Fisterra, Melide, Padrón, Carballo, As Pontes, Ferrol, Santiago e A Coruña, onde chegará na segunda quincena de decembro.
Na presentación estivo presente a Alcaldesa, Dna. Pilar Souto Iglesias, quen aproveitaba a ocasión para destacar o caracter profundamente rebelde e intelectual, progresista e adiantada ao seu tempo “e que ademáis tiña un profundo vínculo con Arteixo, casada como estaba co noso arteixán máis ilustra, D. Manuel Murguía”.
A Alcaldesa estivo acompañada polo Concelleiro de Facenda e pola concelleira Silvia Seixas, en representación da Deputación Provincial, na que tamén exerce como deputada Dna. Pilar Souto.