Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 12 de agosto de 2017 | Leída 14 veces
Deputación da Coruña

A Deputación publica a concesión provisional das súas bolsas artísticas

A área de Cultura destina 180.000 € á 20 bolsas de especialización nunha convocatoria que incorpora audiovisual e ilustración e banda deseñada…

[Img #42911]

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña concede vinte bolsas de formación artística nas áreas de música, artes plásticas e visuais, teatro e interpretación, audiovisual, danza e movemento e ilustración e banda deseñada. Cada bolsa está dotada con 9.000 €.

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña publica a puntuación final e a concesión provisional das vinte bolsas de formación artísticas para completar estudos nas distintas disciplinas creativas. Por áreas, 9 están dirixidas a estudos de música, 3 a artes plásticas e visuais, 3 a teatro e interpretación, 2 a danza e movemento, 2 a audiovisual e 1 a ilustración e banda deseñada.

 

Másters, proxectos de investigación e formación en centros internacionais son algúns dos principais obxectivos das bolsas que contribúen a completar estudos en ámbitos artísticos. “Son bolsas encamiñadas a apoiar a formación artística, ámbitos de estudo que precisan de axuda institucional xa que supoñen altos custes para as persoas que se queren dedicar profesionalmente á creación artística e, pola contra, teñen poucas posibilidades de atopar financiamento”, explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina 180.000€ a esta nova edición das bolsas na que se incorporan dúas novas modalidades, o audiovisual e a ilustración e a banda deseñada ademáis de abrir a modalidade de danza a outras artes do movemento co obxectivo de adaptar o mapa das bolsas á realidade cultural do país. “Para nós, é importante manter este apoio que reverterá no futuro da nosa creación cultural tamén en ámbitos como o audiovisual ou a banda deseñada en que estamos a destacar como cultura e necesita tamén que sexan recoñecidos en convocatorias como esta", anota , Goretti Sanmartín.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress