Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 11 de agosto de 2017 | Leída 9 veces
oleiros

Oleiros acollerá a XXVIII Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña

O vindeiro martes, 15 de agosto, ás 12:00 horas celebrarase a competición na praia de Santa Cristina...

[Img #42906]A praia de Santa Cristina, en Oleiros, será o escenario da 28 edición da competición de remo Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña. O evento terá lugar  o vindeiro martes, 15 de agosto, ás 12:00 horas, e contará coa participación dos clubs Cabo de Cruz, Ares, Puebla, Rianxo, Regatas Perillo, Mariñeiro de Mera, Mar de Mugardos, Muros, Cedeira e Esteirana de Remo, entre outras agrupacións deportivas de remo da provincia.

 

Este ano, os premios ascenderán a 13.650 €, que se repartiran entre os dez mellores equipos, con contías que variarán entre os 2.500 euros para os primeiros e 600 € para os décimos.

 

A competición está organizada pola Deputación da Coruña e a Federación Galega de Remo, coa colaboración do Concello de Oleiros e do Club Regatas Perillo.

 

O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, destacou a longa traxectoria de colaboración entre a institución provincial e a federación, que posibilita “a celebración dunha das competicións con maior prestixio e arraigo do remo galego”.

 

Así mesmo, Liñares sinalou que outro dos obxectivos é “apoiar economicamente a gran labor que realizan os clubs de remo da provincia e fomentar a afección a este deporte que conta conta cunha gran tradición en todo o litoral galego”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress