Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 11 de agosto de 2017 | Leída 10 veces

Aprobada a expropiación dos terreos afectados polo Plan Especial de equipamentos educativos do instituto

Na Xunta de Goberno Local celebrada onte. Na adquisición de 9.500 metros de superficie o Concello investirá máis de 57.000 euros. Aumentarase a superficie de terreo vinculada ao centro, melloraranse as comunicacións viarias en toda a zona e construirase unha pista multideportiva...

A Xunta de Goberno Local, na reunión ordinaria celebrada onte, aprobou o expediente de expropiación dos terreos afectados polo Plan Especial de Equipamentos Educativos referida á parte que atinxe ao IES Agra de Leborís, o que será publicado nos próximos días nos boletíns oficiais e notificado individualmente aos actuais titulares.

 

En total están afectadas nove parcelas que suman unha superficie de 9.500 metros cadrados. O investimento previsto para adquirilas, segundo o orzamento do proxecto de expropiación, sitúase en 57.539,57 euros, a financiar integramente con fondos municipais.

 

O Concello da Laracha ten proxectadas sobre estes terreos unha serie de actuacións dirixidas a aumentar a superficie de solo público vinculada ao IES Agra de Leborís, mellorar as comunicacións en todo o seu entorno e crear novos equipamentos dotacionais no lugar.

 

En concreto, as actuacións que se levarán a cabo consistirán, por un lado, na apertura dunha nova vía que discorrerá pola parte posterior do instituto e que comunicaría directamente a avenida Manuel Fraga Iribarne coa 1ª travesía Doutor López Astray, creándose unha circunvalación para facilitar os accesos entre a zona de Santa Lucía (inicio da estrada A Laracha-A Silva) coa vía A Laracha-Soandres (Avenida Doutor López Astray).

 

Por outra banda, nos terreos situados na marxe esquerda desta nova estrada construirase unha pista multideportiva descuberta de uso libre, a primeira destas características coas que contará a capital municipal.

 

A adquisición dos terreos é necesaria para, posteriormente, levar a cabo os citados proxectos cos que se renovará por completo este ámbito do casco urbano da Laracha ofrecendo novos servizos e equipamentos á cidadanía.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress