Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 10 de agosto de 2017 | Leída 19 veces

A Xunta insta ás empresas a informar aos usuarios dos horarios e paradas das liñas de autobús prestadas na primeira fase do Plan de transporte público de Galicia

O Goberno galego, tal e como recollen os pregos de contratación, requírelle ás empresas que coa maior brevidade posible difundan a información relativa aos servizos a prestar. Nos contratos establécese que o contratista editará e divulgará o material de información dos horarios e deberá poñela a disposición dos cidadáns nas estacións e en equipamentos como concellos, centros de saúde ou colexios...

[Img #42902]

 

A Xunta insta ás empresas adxudicatarias dos contratos da primeira fase do novo Plan de transporte público de Galicia a informar aos usuarios sobre os horarios e paradas das liñas de autobús.

 

A Consellería de Infraestruturas vén de remitirlle ás empresas un escrito no que se urxe a solucionar os problemas de información que están a ter os usuarios dos servizos dende onte, día no que se puxo en servizo esta primeira fase do plan.

 

O Goberno galego requírelle ás empresas que coa maior brevidade posible procedan á difusión de información dos horarios dos servizos a prestar, mediante a instalación de carteis e difusión de folletos nos principais centros da demanda. Nesta información tamén deberá figurar un número de teléfono para as consultar correspondentes por parte dos cidadáns.

 

O Executivo autonómico lémbralles neste documento que os pregos de contratación asinados recollen explicitamente nas condicións técnicas e de explotación a obriga de difusión de información sobre os servizos. Neste sentido, establécese que o contratista editará e divulgará o material de información dos horarios e poñela a disposición dos cidadáns nas estacións e nos principais equipamentos como concellos, centros de saúde ou colexios.

 

A páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda xa dispón dos teléfonos de contacto das empresas e de reserva de servizo do transporte a demanda naqueles puntos nos que estea previsto. No seguinte enlace pódense consultar estas canles de información.

 

Seguimento

A posta en marcha do Plan de transporte público de Galicia está a desenvolverse con normalidade, pero con incidencias puntuais, que a Xunta está a traballar para solucionar o antes posible. Así, moitas destas incidencias xa están solucionadas e outras en proceso de ser resoltas.

 

O Goberno galego está a realizar un seguimento exhaustivo deste proceso de posta en marcha co que se constata a necesidade de que as empresas adxudicatarias do plan cumpran as obrigas que figuran nos pregos e nos contratos: tanto no sentido de achegar información aos usuarios como no de facilitar a subrogación dos traballadores e cumprir a lei e as cláusulas de estabilidade laboral acordadas entre a Xunta e os sindicatos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress