Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 10 de agosto de 2017 | Leída 17 veces
Deputación da Coruña

A ilustradora Bea Lema faise coa XII edición do premio Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña

A súa obra O Corpo de Cristo converten á autora coruñesa na primeira muller que gaña o certame...

[Img #42897]

 

A coruñesa Bea Lema é a primeira muller que gaña o premio Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña. Faino coa súa obra O Corpo de Cristo que se impuxo na edición con máis obras presentadas do certame.

 

Un xurado composto por especialistas en banda deseñada decidiu este mércores que Bea Lema se convirta na primeira muller gañadora do  Premio Castelao da Deputación da Coruña, o único do xénero no panorama cultural galego ao que se presentaron dezaseis orixinais, o maior número da súa historia.

 

O xurado estivo presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e formaban parte del Emilio Fonseca, gañador da anterior edición pola obra Fóra de marxe, e os autores Xosé Tomás, Natacha Busto e Pablo Auladell que este mércores día 9 decidiron a obra gañadora da nova edición do único certame de banda deseñada do panorama galego.

 

O xurado valorou a “intensidade draática sen caer no sentimentalismo” da obra de Bea Lema ademais da “sensibilidade para contar patoloxías mentais desde o punto de vista infantil”. A resolución do premio recoñece tamén o valor de O corpo de Cristo á hora de “mostrar a resilencia dunha nena fronte aos problemas adultos” e, en canto o traballo gráfico da obra destaca que a autora prima unha “liña elegante e delicada que transmite atomósferas emocionais moi complexas, apoiándose en metáforas visuais moi intensas e potentes”.

 

Formada como deseñadora de produto pola Universidade da Coruña, Bea Lema (A Coruña, 1985) comeza a súa traxectoria profesional en 2010 traballando para a firma de cerámica Sargadelos. En 2013 crea, xunto a Xoan Torres, o proxecto Lelédacuca onde realizan obxectos que mesturan o deseño contemporáneo coa artesanía tradicional.

 

Descobre o mundo da ilustración e o cómic a través da nova xeración de debuxantes galegos. A partir dese momento comeza a sentirse atraída por este medio, sendo a súa primeira publicación Pasado ou Futuro?, un mini libro ilustrado premiado premiado pola revista teórica de ilustración Fuera (de) Margen en 2015. Nese mesmo ano é bolseira polo Festival Internacional de Ilustración Ilustratour para participar no proxecto Ilustradanza. En 2015 tamén se publica O Diario de Raquel,  ilustrado por ela (texto: Paco Climent, de. Metaforic). Recentemente foi seleccionada no II Concurso Internacional de Ilustración organizado polo festival Valladolid Ilustrado.

 

Na actualidade é socia da cooperativa 7H, desde onde desenvolve o seu traballo en relación ao deseño de produto e a ilustración.

 

David Rubín inauguraba en 2005 a listaxe de gañadores do Premio de Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña que chega a unha ducia de edicións cunha importante novidade que é a primeira vez que se incorpora unha nova categoría dedicada ao público infantil.

 

Un total de catorce obras competían polo premio Castelao destinado a público adulto, tres máis que na pasada edición, sendo así a convocatoria en que máis traballos se presentaron á convocatoria. O xurado decidiu deixar deserta a convocatoria destinada a público infantil.

 

A resolución, como en anos anteriores, deuse a coñecer este mércores ao tempo que se desenvolve na Coruña o programa "Viñetas desde o Atlántico", xa que boa parte do xurado participa tamén na programación do festival do cómic dirixido por Miguelanxo Prado. O premio consiste en 6.500 € máis a publicación da obra pola Deputación da Coruña.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress