Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 10 de agosto de 2017 | Leída 11 veces
Deputación da Coruña

O Plan Único da Deputación da Coruña financia a creación de tres parques en Irixoa

A institución provincial destina un total de 51.562 euros á creación dunha zona de xogos infantís en Verís e dous parques biosaludables en Churío e A Viña...

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar a licitación dun proxecto para crear tres parques no concello de Irixoa. A Deputación da Coruña financia estas actuacións a través do Plan Único, cun orzamento total de 51.562 euros.

 

Na actualidade, o concello de Irixoa conta con escasas zonas dotadas con elementos para favorecer a práctica de deporte entre as persoas maiores, así como de zonas de ocio ao aire libre para os máis pequenos. Por iso, o concello solicitou utilizar o Plan Único para a creación de novos parques nas parroquias de Verís, Churío e A Viña.

 

O parque de Verís destinarase ao ocio infantil, e contará cun espazo de xogos dotado de tobogáns, columpios, xogos de resorte e varios balancíns para nenos de 6 a 12 anos. As obras incluirán o acondicionamento da explanación e o nivelado do terreo, para posteriormente crear unha soleira de formigón. Este espazo recubrirase por un pavimento de seguridade de caucho.

 

Asemade, o novo parque contará cunha valla protectora de 0,60 metros de altura, un banco de madeira e unha sinal informativa.

 

Doutra banda, nas parroquias de Churío e A Viña crearanse dous parques biosaludables, destinados ás persoas maiores. Estas zonas contarán con diversas maquinarias para exercitar as diferentes partes do corpo, acompañadas dos correspondentes paneis informativos.

 

Adquisición dun tractor para limpeza e mantemento

O Concello de Irixoa tamén acaba de sacar a licitación o subministro dun tractor, que financia a Deputación da Coruña con 48.370 euros.

 

Este vehículo destinarase a labores de recollida de plásticos agrícolas, roce e limpeza de cunetas e de vexetación na rede viaria e, en xeral, traballos destinados a actuacións de protección dos espazos naturais, as estradas e outros espazos municipais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress