Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 9 de agosto de 2017 | Leída 14 veces

Un total de 12 ciclos de FP introducirán o plurilingüismo por primeira vez o próximo curso

O alumnado disporá dunha materia formativa extracurricular, así como de actividades complementarias para reforzar a aprendizaxe da lingua estranxeira e favorecer a certificación de nivel de idioma ao finalizar o ciclo. A ampliación do ensino plurilingüe á Formación Profesional enmárcase no desenvolvemento de EDUlingüe 2020, que prevé tamén a incorporación de 81 centros con plurilingüismo en infantil e 4 en bacharelato...

[Img #42895]

 

Un total de 12 ciclos formativos en 7 centros educativos estenderán por primeira vez o próximo curso 2017/18 o ensino plurilingüe á etapa de Formación Profesional. Así se constata na resolución provisional de ciclos formativos plurilingües (denominado PluriFP) que acaba de ser publicada na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/22957.

 

Esta ampliación do ensino plurilingüe á FP enmárcase no desenvolvemento da nova Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020, EDUlingüe –presentada o pasado mes de xuño–, que tamén incorpora, como unha das principais novidades, a extensión a educación infantil (Plurinfantil) e bacharelato (Pluribach). De feito, os datos provisionais cifran en 81 os centros que o vindeiro curso terán por primeira vez plurilingüismo en infantil, mentres que 4 o introducirán en bacharelato.

 

Cómpre lembrar que a través deste modelo non só se busca mellorar as competencias lingüísticas do alumnado, senón tamén ofrecerlle máis oportunidades futuras no actual mundo global. Neste contexto, os ciclos formativos plurilingües axudarán a favorecer a inserción laboral dos mozos e mozas, a competitividade dos sectores produtivos, así como a desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita en lingua estranxeira.

 

Materia extracurricular e actividades complementarias
O alumnado destes ciclos disporá, ademais de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira, dunha materia formativa extracurricular, cunha carga horaria semanal de dous ou tres períodos lectivos. Tamén realizarán actividades complementarias organizadas polo centro como charlas, obradoiros ou proxectos, cunha duración estipulada ao longo dos dous cursos de 40 horas, e que se levará a cabo fóra do horario ordinario.

 

No caso do profesorado que imparta os módulos plurilingües, deberá acreditar, cando menos, o nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). O alumnado, pola súa banda, disporá de formación específica orientada para certificar o nivel B1, B2 ou superior ao remate da etapa.

 

Relación de ciclos plurilingües

O vindeiro curso haberá ciclos formativos plurilingües en dous centros educativos da provincia de Ourense, un da Coruña e catro de Pontevedra. Trátase, respectivamente, do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Laboratorio de análise e de control de calidade, Hixiene bucodental) e do CIFP A Farixa (Sistemas de telecomunicacións e informáticos) en Ourense; e do IES Universidade Laboral da Coruña, co ciclo de Prevención de riscos profesionais.

 

Pola súa banda, os centros da provincia de Pontevedra son o CPR San Miguel (Servizos administrativos) e San Miguel 2 (Informática e comunicacións), o CPR Daniel Castelao (cos ciclos de Xestión administrativa, Instalacións eléctricas e automáticas, Administración e finanzas, Administración de sistemas informáticos en rede e Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma) e o CIFP Manuel Antonio (Patronaxe e moda), ámbolos catro de Vigo.

 

Incremento exponencial nos últimos anos

Ademais de introducir o plurilingüismo en infantil, bacharelato e FP, en termos xerais, a Rede de centros plurilingües (primaria e secundaria) estenderase a 29 novos o curso que vén, sumando así un total de 311, un 10,3% máis que no 2016/17. Isto significa, a maiores, multiplicar por máis de 5 o número de centros plurilingües que había no curso 2010/11.

 

En canto ás seccións bilingües, aumentarán en 211 ata chegar ás 4125, un 5% máis con respecto ao curso pasado. En concreto, son 100 os centros que incorporan seccións bilingües, dos que 30 o fan por primeira vez. Si se teñen en conta os datos do curso 2008/09, no que había 720 seccións, o novo dato supón multiplicar por case 6 este número.

 

Os datos responden ao novo impulso á ensinanza de linguas estranxeiras que contempla EDUlingüe 2020, entre cuxos obxectivos está alcanzar os 500 centros plurilingües, 600 novas seccións bilingües e duplicar o número de auxiliares de conversa ata chegar aos 1000.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress