Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 9 de agosto de 2017 | Leída 15 veces
Deputación da Coruña

O Premio de Banda Deseñada Castelao completa unha dúcia de edicións co número máis alto de orixinais presentados

Un xurado composto por especialistas en banda deseñada decidirá hoy mércores a XII edición do Premio Castelao da Deputación da Coruña, o único do xénero no panorama cultural galego ao que se presentaron dezaseis orixinais, o maior número da súa historia…

[Img #42888]David Rubín inauguraba en 2005 a listaxe de gañadores do Premio de Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña que chega a unha dúcia de edicións cunha importante novidade que é a primeira vez que se incorpora unha nova categoría dedicada ao público infantil.

 

Un xurado presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e composto por Emilio Fonseca, gañador da anterior edición, e os autores Xosé Tomás, Natacha Busto, Pablo Auladell e Ralph Meyer decidirán este mércores día 9 de agosto os títulos gañadores da nova edición do único certame de banda deseñada do panorama galego.

 

Un total de catorce obras compiten polo premio Castelao destinado a público adulto, tres máis que na pasada edición, sendo así a convocatoria en que máis traballos se presentaron á convocatoria. Dúas obras concorren na modalidade destinada ao público infantil que se inaugura por vez primeira este ano.

 

A resolución, como en anos anteriores, darase a coñecer este mércores ao tempo que se desenvolve na Coruña o programa “Viñetas desde o Atlántico”,  xa que boa parte do xurado participa tamén na programación do festival do cómic dirixido por Miguelanxo Prado. O premio consiste en 6.500 € máis a publicación da obra pola Deputación da Coruña.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress