Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 9 de agosto de 2017 | Leída 14 veces

As obras de renovación da rúa Epifano Campo Núñez e o seu entorno chegan á Rúa Coruña

Tamén están afectadas as rúas Pontevedra, Suíza e os puntos de confluencia coas rúas Eusebio Bértoa Queijo e Luís Martínez Vázquez. Ampliaranse as beirarrúas, renovarase o pavimento e reordenarase o tráfico para mellorar a accesibilidade e a circulación en todo o ámbito de actuación. Os dous proxectos, que se desenvolven de xeito simultáneo, están valorados en máis de 300.000 euros...

[Img #42885]Na capital municipal da Laracha continúan executándose de xeito simultáneo os proxectos de completa renovación e mellora da accesibilidade na rúa Epifanio Campo Núñez e o seu entorno, incluíndo as tres rúas que enlazan con ela –Coruña, Pontevedra e Suíza- e os puntos de confluencia coas rúas Eusebio Bértoa Queijo e Luís Martínez Vázquez.

 

Despois de cumprirse o primeiro mes desde o inicio das primeiras actuacións, as obras chegaron nesta semana á rúa Coruña, unha das vías desta zona que comunica coa Avenida Fisterra (AC-552), lugar onde o alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro da área de Obras, Jesús Souto, se reuniron coa responsable da dirección de obra e con veciños residentes no lugar.

 

O Concello deseñou estas actuacións cos propósitos esenciais de humanizar o ámbito de actuación, mellorar a accesibilidade e reordenar o tráfico de vehículos neste céntrico punto da vila, que é unha das áreas máis poboadas do municipio, alberga o centro médico e punto de atención continuada e é unha zona comercial de referencia da Laracha.

 

Os proxectos que se están a executar priorizan a circulación dos peóns en condicións de seguridade e accesibilidade universal coa completa renovación das beirarrúas, que pasarán a ter unha amplitude mínima de dous metros a ambos lados da calzada, o que tamén permitirá a creación de zonas de descanso nese itinerario e dar unha maior visibilidade aos baixos comerciais. Neste sentido, o ámbito situado xunto á entrada principal ao centro médico e que comprende a glorieta existente neste lugar, pasará a ser unha zona semipeonil -aberta ao tráfico, pero con preferencia para os peóns- co pavimento a un único nivel.

 

Ademais, a superficie de rodadura dos vehículos será dotada cun novo pavimento en todo o ámbito de actuación e fixarase unha nova ordenación do tráfico, establecendo o sentido único de circulación para posibilitar o mantemento das áreas de aparcadoiro a ambas marxes da calzada e o acondicionamento de novas prazas de estacionamento dirixidas a persoas con mobilidade reducida. Todo isto implicará a renovación da sinalización horizontal e vertical, así como a regulación de todas as interseccións para que sexan claras e seguras tanto para os peóns como para os condutores.

 

A actuación completarase coa  renovación e ampliación da rede de recollida de augas pluviais e melloras puntuais nas infraestruturas existentes de sumidoiros, abastecemento, enerxía eléctrica, iluminación pública, gas e telecomunicacións.

 

Desde o Concello da Laracha pedimos desculpas aos veciños da zona polas molestias que, inevitablemente, ocasionan as obras nas estradas e beirarrúas, ao mesmo tempo que destacamos a importancia destes proxectos que se están executando e cos que se cambiarán por completo as rúas afectadas para mellorar estas infraestruturas públicas municipais e, por tanto, a calidade de vida dos veciños, especialmente dos residentes neste lugar.

 

En total serán investidos máis de 300.000 euros entre ambas actuacións. Un dos proxectos   -o referido ás actuacións nas rúas Coruña, Pontevedra, Suiza e o punto de confluencia da rúa Epifanio Campo Núñez con Eusebeio Bértoa Queijo e Luís Martínez Vázquez, valorado en máis de 132.000 euros- é financiado integramente pola Xunta de Galicia con fondos do Plan Hurbe. A obra da rúa Epifanio Campo Núñez (168.000 euros) foi incluída no Plan de Acción Social (PAS), polo que será cofinanciado entre o Concello da Laracha e a Deputación Provincial da Coruña.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress