Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 9 de agosto de 2017 | Leída 9 veces

A campaña de roza de estradas actuou en 150 quilómetros lineais tras un mes desde o inicio dos traballos

Acometéronse en parte das parroquias de Caión, Golmar, Vilaño, Montemaior, Torás, Cabovilaño, Lendo e Lemaio. Traballarase en toda a rede viaria e nas parcelas e terreos de titularidade municipal ata o mes de outubro. O investimento total alcanza os 90.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais...

A campaña de desbroce das vías municipais continúa en marcha no Concello da Laracha co obxectivo de frear o crecemento da vexetación herbácea nas marxes das estradas, mellorando deste xeito a visibilidade dos condutores e viandantes e reforzando a seguridade viaria, ademais de previr riscos de incendio e manter o ornato público.

 

Despois de cumprirse o primeiro mes desde o inicio desta campaña, xa se actuou nunha lonxitude lineal duns 150 quilómetros de estradas situadas en determinados núcleos de Caión, Golmar, Vilaño, Montemaior e Torás, sen terse aínda completados os traballos –que se executan en varias fases- en ningunha parroquia. A empresa que está a executar estes labores opera na actualidade simultaneamente en vías das parroquias de Lemaio, Lendo e Cabovilaño con catro máquinas, que a partir da semana se elevarán a sete co propósito de avanzar con maior celeridade.

 

O servizo de roza que se desenvolve cada verán e no inicio do outono afecta á totalidade da rede viaria de titularidade municipal que permite as comunicacións e os accesos cara os máis de trescentos núcleos de poboación existentes no Concello da Laracha. A campaña rematará no mes de outubro e nese momento a previsión é ter actuado nas trece parroquias e nunha distancia lineal superior aos 600 quilómetros de estradas e camiños forestais.

 

Os traballos contemplados na campaña de roza do Concello da Laracha están valorados nun total de 90.000 euros e fináncianse integramente con fondos propios municipais. Despois do procedemento público para a súa contratación, ao que concorreron quince empresas, os tres lotes referidos ao desbroce das estradas foron adxudicados a Trafober S.L. e o correspondente á limpeza das parcelas e terreos municipais, que tamén están actualmente en execución, a Jardincelas S.L.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress