Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 8 de agosto de 2017 | Leída 9 veces

A Xunta impulsa a competitividade e internacionalización das pemes e micropemes a través de novos apoios á innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, visita na Coruña a empresa Gato Salvaje, adicada ao deseño de videoxogos. Sinala as oportunidades que abre este sector que medra máis dun 8% anual e destaca a capacidade desta empresa para abrirse a novos mercados...

[Img #42884]

 

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, destacou onte pola mañá na Coruña, durante a súa visita á empresa Gato Salvaje, adicada ao deseño de videoxogos, que a Xunta apoia a capacidade innovadora das pemes e micropemes galegas mediante diversas liñas de axudas co obxectivo de impulsar a súa competitividade e internacionalización.

 

Patricia Argerey destacou as oportunidades que abre o mercado dos videoxogos, que medra máis dun 8% ao ano, sinalando o caso de Gato Salvaje: empresa creada hai 7 anos na Coruña e que está traballando no desenvolvemento do seu terceiro proxecto. A directora de GAIN felicitou á empresa polo seu esforzo por internacionalizarse e pola súa aposta pola formación como xeito de diversificarse e crear emprego de calidade, cunha elevada cualificación a través da aposta pola innovación.

 

Neste sentido, asegurou que a innovación non é só para as grandes empresas, senón tamén para que as pequenas empresas poidan aumentar a súa competitividade grazas a apostar pola innovación e, deste xeito, impulsar o crecemento económico da nosa Comunidade, dun xeito sólido e sustentable. Así, lembrou o esforzo que a Xunta está a facer por apoiar os proxectos de innovación de pemes e micropemes galegas a través de convocatorias como Innova Peme, que está activada ata o 25 de setembro cun orzamento de 5 millóns de euros e que permitirá mobilizar 10 millóns, beneficiando arredor de 60 compañías da comunidade.

 

Estas axudas, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, buscan a mellora da capacidade innovadora das empresas como vía para acadar unha maior competitividade e internacionalización e gañar tamaño e cota de mercado. Para iso, as compañías solicitantes deberán presentar o informe Innobench e contar cun plan de innovación, unha folla de ruta que se desenvolverá durante un mínimo dun ano na que se recollerán as actuacións a financiar a través do programa.

 

Os apoios, que poderán alcanzar os 150.000 euros dependendo do tipo de compañía, serán do 50% do orzamento subvencionable, que se situará entre 100.000 e 200.000 euros para as micropemes e entre 150.000 e 300.000 euros para as pemes.

 

Ditos apoios poderán destinarse á contratación de persoal, á adquisición de equipamento e material; e a licenzas de propiedade industrial. Tamén se poderán obter apoios a través destas axudas para a obtención, validación e defensa de patentes, certificacións e homologacións, a contratación de expertos doutras empresas e de servizos de asesoramento e apoio en materia de innovación, entre outros. Ademais, as empresas beneficiarias poderán solicitar acompañamento financeiro posterior para a comercialización e industrialización da innovación a través dos fondos de capital risco para a innovación xestionados por XesGalicia.

 

Patricia Argerey avanzou tamén que nas próximas semanas a Consellería de Economía, Emprego e Industria, aprobará unha nova liña de préstamos para apoiar o emprendemento, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das pemes e micropemes: os Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIS), coa previsión de chegar a máis de 100 proxectos. Neste sentido, indicou que desde a Axencia Galega de Innovación aportaranse 3 millóns de euros este ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress