Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 8 de agosto de 2017 | Leída 9 veces
Deputación da Coruña

A Deputación compromete o apoio á programación de Ópera que volve ao Teatro Colón

Achega ao financiamento 125.000 € máis 34.712,88 € correspondentes aos gastos de utilización do espazo cultural…

[Img #42882]

 

A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, e a presidenta da asociación Amigos da Ópera da Coruña asinaron o convenio de colaboración para o financiamento da programación lírica que este ano regresa ao Teatro Colón da Coruña. A programación arrincará os días 1 e 3 de setembro coa representación de Un ballo in maschera de Giuseppe Verdi.

 

A Deputación da Coruña apoia a Programación Lírica cunha achega de 125.000 € á que hai que engadir 34.712,88 € correspondentes aos gastos e utilización do Teatro Colón que volve acoller os espectáculos promovidos pola asociación Amigos da Ópera que este ano cumpre o seu 65 aniversario.

 

“Ademais do regreso da ópera ao Teatro Colón significará unha certa reinauguración xa que inicia unha tempada de programación con xestión directa. O público fiel á programación lírica volverá a un espazo cultural que buscará ofrecer unha programación plural e variada”, destacou Goretti Sanmartín no acto de sinatura do convenio.

 

Pola súa parte, a presidenta de Amigos da Ópera,  Natalia Lamas, agradeceu o compromiso da Deputación da Coruña “e en concreto da vicepresidenta Goretti Sanmartín na xestión do convenio que por vez primeira asinamos con tanta antelación”.

 

O 16 de agosto iniciaranse os ensaios e o 1 de setembro arrincará o programa cunha representación de Un ballo in maschera de Giuseppe Verdi, que se repetirá o día 3, e o 23 de setembro acollerá unha versión concerto de Lucrezia Borgia de Gaetano Donizetti, como unhas das principais citas dun programa que renderá homenaxe á soprano galega  Ángeles Gulín e ao director Alberto Zedda.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress