Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 6 de agosto de 2017 | Leída 18 veces

Finalizou a novena edición do Campus Municipal de Baloncesto

Desenvolveuse entre o luns e o venres en horario de 11:00 a 13:00 horas. Participaron cincuenta rapaces de idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos. Foi unha das actividades incluídas no programa de verán...

[Img #42872]

 

A novena edición do campus de baloncesto que organiza Concello da Laracha finalizou onte. O programa constou de cinco xornadas, de luns a venres, que se desenvolveron en horario de 11:00 a 13:00 horas nas instalacións do pavillón polideportivo municipal da Laracha.

 

A actividade, incluída no programa municipal de verán, foi dirixida a nenos de entre cinco e quince anos de idade, contándose con medio centenar de rapaces inscritos. No acto de clausura do campus recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de deportes, Patricia Bello.

 

O obxectivo desta actividade foi fomentar a práctica do baloncesto e tamén iniciar nesta modalidade deportiva aos nenos que non tiveron contacto con ela, xa que non era necesario ter coñecementos previos para poder inscribirse. Os rapaces tiveron ocasión de aprender aspectos técnicos, tácticos e tamén cuestións relativas ao regulamento do baloncesto.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress