Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 4 de agosto de 2017 | Leída 9 veces
arteixo

A concellaría de cultura e festas de arteixo convoca a 2ª aula de teatro infantil no auditorio do C S C Meicende

Despois da exitosa experiencia piloto realizada no último trimestre do curso 2016-2017, a Concellaría de Cultura e Festas convoca de novo esta actividade co fin de potenciar as cualidades dos máis cativos mediante o uso da expresión oral e corporal, aproveitando o seu beneficio como mecanismo de relación, socialización e formación de "equipo"...

[Img #42864]Esta nova aula, dirixida a nenas e nenos de 6 a 12 anos, abranguerá un curso completo e se impartirá a partir do mes de outubro no Auditorio do CSC de Meicende os luns de 17:00 a 18:30 h, cun custe mensual de 5,00 € por alumna/o.

 

Para o desenvolvemento desta actividade utilizarase material didáctico asequible, fomentando a reutilización de obxectos en desuso, roupas vellas, papel..., sin que supoña un desembolso económico para as familias e introducindo valores de coidado do medioambiente e a reciclaxe.

 

Os/as interesados/as poderán realizar a súa inscrición no SM de Cultura e Festas en Arteixo dende o día 01 de agosto ata o 04 de setembro do ano que andamos. No caso de que as inscricións superen as prazas previstas, realizarase un sorteo, establecéndose unha listaxe de agarda para o resto do curso 2017-2018.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress