Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 17 de junio de 2017 | Leída 15 veces

A Xunta renova a colaboración con Agafan para seguir impulsando o programa do carné familiar galego

O Carné Familiar da Xunta de Galicia é unha tarxeta gratuíta, persoal, intransferible e non financeira que facilita o acceso dos seus beneficiarios a distintos bens e servizos mediante descontos e outro tipo de vantaxes nos establecementos adheridos a esta iniciativa. En Galicia hai expedidos máis de 21.500 títulos de familia numerosa...

[Img #42355]

 

A Consellería de Política Social vén de asinar un novo convenio de colaboración coa Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) para a mellora e desenvolvemento do programa do carné familiar. O titular deste departamento autonómico, José Manuel Rey Varela, e o presidente da devandita entidade, Luís Sánchez González, formalizaron este acordo que ten por obxecto facilitar o acceso destas familias a distintos bens e servizos mediante descontos ou outro tipo de vantaxes, ampliando deste xeito os beneficios que outorga o título de familia numerosas.

 

Así, o carné familiar é unha tarxeta gratuíta, persoal, intransferible e non financeira coa que os membros das familias numerosas que residen en Galicia obteñen importantes vantaxes ou descontos nos establecementos colaboradores con este programa. Neste sentido, Agafan comprométese con este novo convenio a captar novas entidades dispostas a aplicar estes beneficios aos usuarios do carné familiar, manter actualizada e publicada na páxina web da asociación a guía de entidades e realizar a labor de difusión de información do devandito carné.

 

Pola súa banda, a Administración autonómica contribúe con 16.500 euros ao financiamento dos gastos derivados da xestión desta tarxeta. O programa carné familiar está en marcha dende o ano 2011 e na actualidade máis de un millar de entidades colaboran con esta iniciativa. Así mesmo, en Galicia están expedidos máis de 21.500 títulos de familia numerosa.

 

Rey Varela sinalou que as familias numerosas “xogan un papel importante no relevo da poboación e, polo tanto, para reverter a actual situación demográfica, unha cuestión que o Goberno galego ten fixado como un dos principais retos de presente e, sobre todo, de futuro que ten o noso país”.

 

Nesta liña de actuación, a Xunta ten en marcha a Estratexia de Apoio ás Familias Numerosas de Galicia, horizonte 2020, que lles garante unha protección especial e se centra nos problemas específicos asociados á súa condición de familia numerosa. De feito, a devandita estratexia integra todos os beneficios aos que poden acceder de forma transversal nos distintos departamentos da Xunta, tales como: deducións fiscais, exención e bonificacións de taxas no ámbito educativo, preferencia na adxudicación de prazas e redución de tarifa a abonar nas escolas infantís, beneficios no acceso á vivenda ou redución nos prezos do transporte público, entre outras vantaxes.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress