Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 16 de junio de 2017 | Leída 11 veces

A gastronomía galega celebra en China o Día Mundial da Tapa

A directora de Turismo de Galicia participa na cidade de Cantón no showcooking do chef Iñaki Bretal, onde quedou de manifesto a calidade dos produtos galegos...

[Img #42345]

 

Galicia celebrou onte na China o Día Mundial da Tapa cunha exhibición á que asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. A cidade de Cantón, segunda parada da viaxe institucional ao país asiático na que a promoción de Galicia ten un lugar destacado, acolleu un showcooking a cargo do chef Iñaki Bretal, cociñeiro do restaurante pontevedrés O Eirado da Leña e membro do Grupo Nove.

 

O Día Mundial da Tapa, que se celebra cada ano no terceiro xoves do mes de xuño, logrou convocar nesta ocasión a máis de vinte países de todo o mundo, unha ocasión ideal onde mostrar doutro xeito os mellores sabores da gastronomía. A tapa é un dos grandes signos de identidade da cociña española que a fan popular internacionalmente e Galicia condensa nela as características que a fan tan diferente. De feito, os asistentes a esta cita degustaron algúns dos mellores produtos da súa gastronomía da man de Iñaki Bretal, quen defende unha cociña baseada no produto sen esquecer nunca as raíces e a contorna onde se atopa.

 

Galicia deu así boa conta da calidade e diversidade da súa oferta gastronómica, que é a segunda motivación pola que os turistas elixen visitar a Comunidade Autónoma. No encontro quedou de manifesto a excelente combinación dos produtos do mar e da terra e a cociña pausada, ademais da importante rede de establecementos de restauración existente en Galicia, distinguidos con premios internacionais. Doce deles contan con Estrela Michelin e 49 coa Q de Calidade Turística, o que sitúa a Galicia nos primeiros postos a nivel estatal.

 

En todos eles tradición e vangarda mestúranse cun amplo abanico de viños moi valorados, das cinco Denominacións de Orixe vitivinícolas, que suman máis de 20 variedades distintas de uva autóctona. Proba da importancia que a gastronomía ten para os galegos son as máis de 300 festas gastronómicas que se celebran ao longo do ano e que fan da Comunidade unha referencia neste sentido gracias á recoñecida calidade da súas materias primas.

 

De Tapas por Galicia
De todo isto volverase dar boa conta o próximo 4 de xullo, cando terá lugar a II Gala Show Cooking De Tapas por Galicia, organizada por Turismo de Galicia na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, onde profesionais das sete cidades galegas prepararán as súas propostas en directo ante os espectadores e o xurado que terán que decidir, como remate deste certame culinario, os premios Mellor Cociñeiro e tamén o Especial do Público.

 

Este tipo de citas, que ten ás principais urbes galegas como marco, buscan a potenciación do turismo urbano, tan importante para o mercado emisor chinés, e a desestacionalización da oferta turística, facendo de Galicia un destino atractivo durante os 365 días do ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress