Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 16 de junio de 2017 | Leída 12 veces

A Xunta de Galicia, no marco do plan de actuacións fronte as altas temperaturas, sinala o nivel de prealerta para diversos concellos galegos

O plan está operativo desde o 1 de xuño, e da súa coordinación encárganse, ademais da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, a Vicepresidencia e Consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Política Social e Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. As zonas máis afectadas poderían ser as correspondentes ao Miño de Ourense, Valdeorras, Miño de Pontevedra, interior de Pontevedra e suroeste da Coruña...

A Xunta de Galicia, a través do seu Comité de Plan de Calor, no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, informa dunha situación de prealerta de vaga de calor.

 

Segundo informa Meteogalicia, a partir de hoxe venres entra o aire cálido en Galicia. Na madrugada do xoves para o venres aínda non se agardan temperaturas mínimas moi elevadas, será a partir do mediodía de mañá cando as temperaturas comecen a acadar valores extremos.

 

Dada a previsión de anticiclón e práctica ausencia de vento, a persistencia deste aire cálido sobre Galicia pode dar lugar a unha situación de vaga de calor, que comezaría o sábado, xa que na noite do venres ao sábado xa se agardan temperaturas mínimas superiores aos 20ºC en puntos do sur da Comunidade. Durante sábado, domingo e luns a previsión pasa por temperaturas máximas en valores extremos e temperaturas mínimas por riba dos 20ºC, co que a día de hoxe, pode considerarse que a probabilidade de situación de vaga de calor é moi elevada para os vindeiros días.

 

As zonas máis afectadas poderían ser as correspondentes ao Miño de Ourense, Valdeorras, Miño de Pontevedra, interior de Pontevedra e suroeste da Coruña.

 

Sistemática de intervención
O Comité de Plan de Calor está formado, ademais de pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, polas Consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Política Social e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

 

Este plan, que está operativo dende o un de xuño, establece as medidas necesarias para reducir os efectos na saúde asociados ás vagas de calor, os sistemas de previsión, alerta e comunicación a utilizar, e, ademais, define unha sistemática de intervención segundo os niveis de alerta establecidos. Por outro lado, establece as canles de coordinación interinstitucional entre as unidades competentes nesta materia.


Neste plan, os medios de comunicación e todos os cidadáns e organismos que constitúen a rede social de apoio existente á poboación máis vulnerable, son pezas básicas para evitar na maior medida posible danos á poboación.

 

Recomendacións
Sanidade quere, así mesmo, facer chegar á cidadanía unha serie de consellos que poderán ser moi útiles para estes días de calor. Beberase máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos. Deberase evitar inxerir bebidas quentes, alcohólicas, café, té e as moi azucradas. Así mesmo, comeranse verduras e froitas e evitaranse as comidas copiosas.

 

Respecto da vestimenta, Sanidade recomenda usar roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiros, lentes de sol e cremas protectoras solares. O calzado deberá ser cómodo, fresco e que transpire.

 

No interior dos edificios permanecerase, a ser posible, en espazos ventilados ou acondicionados, e utilizando as habitacións máis frescas da vivenda. Durante o día, baixaranse as persianas e pecharanse as xanelas, abríndoas pola noite para ventilar. Así mesmo, poderán utilizarse ventiladores. Nos momentos de calor máis intensa refrescarase o corpo cunha ducha ou cun baño en auga morna. Ademais, procurarase eludir as aglomeracións de persoas en locais sen aire acondicionado.

 

No exterior dos edificios evitaranse, na medida do posible, as actividades nas horas máis calorosas, reducirase a actividade física, procurarase buscar as sombras e, cando se estacione o coche, non se deberá deixar no interior nin a nenos nin a persoas maiores, nin a ningún animal de compaña.

 

Así mesmo, convén non ir á praia nas horas de máxima calor (mediodía e as primeiras da tarde). Asemade, Sanidade sinala que nunca se debe quedar durmido tomando o sol. Respecto das cremas de protección, utilizaranse as de maior protección posible, e nunca inferior a quince.

 

Recorde que, si ten parentes ou veciños que vivan sós, é conveniente facerlles un seguimento especial estes días, co fin de comprobar que adoptan as medidas recomendadas e o seu estado de saúde é o habitual.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress