Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 16 de junio de 2017 | Leída 8 veces
cambre

Cambre convoca la selección de teloneiros para o Rock in Cambre 2017

O Concello de Cambre publicou as bases para a participar na selección de grupos que actuarán de “teloneiros” no Rock in Cambre 2017 Co obxectivo de ofrecer ás bandas locais a posibilidade de actuar no Rock in Cambre se organiza a selección de grupos de Cambre de estilo musical pop-rock-fusión para actuar coma teloneiros no evento deste ano, que se celebrará o venres 18 e sábado 19 de agosto de 2017...

Poden participar na selección todos os grupos musicais que cumpran os seguintes requisitos

 

  • Banda ou grupo musical que conte, como mínimo, cun membro empadroado no Concello de Cambre.
  • A antigüidade mínima do empadroado será dun ano.
  • Estilo do grupo participante deberá ser pop-rock-fusión.
  • Todos os compoñentes do grupo terán que ter cumpridos 16 anos.

 

Os grupos interesados en participar deberán inscribirse durante os seguintes  10 días, contados a partir da publicación das bases no BOP da Coruña.

 

Aqueles grupos que se presentaron á selección realizada pola Asociación Musicambre e non resultaron escollidos non poderán presentarse neste proceso de selección. A selección realizarase de forma equitativa entre o Concello e a Asociación Musicambre, excepto que os grupos que se presenten á convocatoria pública realizada polo Concello superen en número aos representados pola Asociación Musicambre, que neste caso realizarase de forma proporcional aos mesmos.

 

A selección dos grupos realizarase polo Xurado o 5 de xullo do presente ano. O xurado seleccionará o número de grupos que corresponda, tendo en conta o número de representados pola Asociación Musicambre e os presentados á convocatoria, que terán a consideración de premiados.

 

Os grupos seleccionados, actuarán como teloneiros no Rock in Cambre 2017, dispoñendo dun tempo aproximado de 30 minutos para a súa actuación e  cobrarán pola actuación 400,00 € a cada un.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress