Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 16 de junio de 2017 | Leída 19 veces

Aprobados por unanimidade todos os puntos do pleno extraordinario celebrado onte

O Concello adherirase ao programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF. Industrias de Diseño Textil S.A. e Ambulancias e Pombas Fúnebres San Antonio beneficiaranse dunha bonificación do 95% no ICIO. Aprobouse o suplemento de crédito necesario para financiar a achega municipal que implica a construción do viveiro de empresas...

[Img #42333]Os catro grupos políticos con representación no Pleno da Corporación municipal da Laracha aprobaron por unanimidade todas as cuestións que foran elevadas, por iniciativa do goberno local, á sesión extraordinaria celebrada onte.

 

Deste xeito, o Concello da Laracha confirma a súa adhesión ao programa Cidades Amigas da Infancia que impulsa UNICEF Comité Español co propósito de promover a aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno (aprobada pola ONU en 1989) no ámbito dos municipios. Do mesmo xeito, o Concello obterá o Selo de Recoñecemento Cidade Amiga da Infancia e contará co apoio e colaboración de UNICEF para o desenvolvemento, mellora continua e innovación das políticas de infancia e adolescencia no municipio.

 

Tamén houbo pleno consenso nos asuntos de índole económica. Así, as sociedades Industrias de Diseño Textil S.A. e Ambulancias e Pompas Fúnebres San Antonio beneficiaranse da bonificación do 95% no imposto municipal sobre construcións, instalacións e obras (ICIO), tal e como permite a ordenanza fiscal número 17. O alcalde, José Manuel López Varela, explicou que a cota xeral do ICIO no Concello da Laracha é do 0,3% do importe do proxecto e que todas as empresas que se instalaron no polígono se favoreceron deste desconto, que considera é “un reclamo para poder captar investimentos, e máis polo importante movemento que está xerando a chegada de Inditex á Laracha”.

 

Acordouse a aprobación inicial do expediente de modificación de crédito número 1/2017 –o primeiro do exercicio económico en curso- na modalidade de suplemento de crédito. López Varela informou que o motivo deste cambio nos presupostos é “realizar os axustes correspondentes para poder financiar a parte que lle corresponde ao Concello da obra de construción do viveiro de empresas no polígono industrial”. O proxecto está valorado nun total de 359.000 euros, contándose coa colaboración económica da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. A achega municipal será de 136.126,08 euros que, trala aprobación do suplemento de crédito, serán financiados con cargo a anulacións e baixas noutras aplicacións orzamentarias para gastos inicialmente previstos, pero aos que finalmente non será preciso facer fronte.

 

Por último, aprobouse o recoñecemento extraxudicial de créditos para facturas –por concepto de subministración eléctrica en instalacións municipais, mantementos de infraestruturas públicas, actividades deportivas e programas de servizos sociais- pertencentes a 2016 que non puideron ser aboadas con fondos do exercicio anterior ao ser remitidas ao Concello polos provedores trala entrada do novo ano. En total suman 20.174,89 euros, que pasan a aplicarse á partida de gastos de 2017.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress