Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 16 de junio de 2017 | Leída 21 veces

Eventos deportivos en Arteixo

Clausura da liga de fútbol sala. Clausura de actividades extraescolares de patinaxe. IX Xuntanza de judo. Torneo de escolas deportivas de tiro con arco. Clausura de actividades extraescolares deportivas...

Venres 16 de xuño

Clausura da liga de fútbol sala

O vindeiro venres 16 terán lugar as finais de copa da liga de fútbol sala do concello de Arteixo. Ás 21.00h dará comezo a final de sénior na que se enfrontarán Bar O Corno, e Hotel Nogallás, e posteriormente, ás 21.50h, dará comezo a final de veteráns que enfrontará a Restaurante O Castaño e TECE Costa da Morte F.S. Estes encontros terán lugar no Pazo dos Deportes.

 

Sábado 17 de xuño

Clausura de actividades extraescolares de patinaxe

En horario de 16.00h a 19.00h, no Pazo dos Deportes, terá lugar a clausura da actividade extraescolar deportiva de patinaxe. Neste evento, os alumnos dos centros escolares de Arteixo que asisten a esta actividade, amosarán as súas habilidades por medio de diferentes exhibicións que terán lugar durante a xornada.

 

Domingo 18 de xuño

IX Xuntanza de judo

Un ano máis celebrase esta xuntanza de judo, onde serán protagonistas as nenas e nenos que practican este deporte ao longo do ano no CEIP Galán, CEIP San Xosé Obreiro, CEIP Arteixo, CEIP Ponte dos Brozos, e no Judo Club Arteixo. Será no Pazo dos Deportes en horario de 11.30h a 13.00h

 

Torneo de escolas deportivas de tiro con arco

Organizado polo Club de Tiro con Arco Arc-teixo, e a modo de clausura da actual tempada, organízase este torneo dirixido ao alumnado da Escola Deportiva Municipal de Tiro con Arco. Tamén participarán alumnos de diversas escolas doutras localidades e clubs de Galicia. A cita é o domingo 18 de xuño no pavillón de Galán, en horario de 10.00h a 14.00h

 

Clausura de actividades extraescolares deportivas

O domingo, en horario de 16.30h a 18.30h, Terán lugar no Pazo dos Deportes, as clausuras das actividades deportivas de baloncesto, balonmán, futbiño, xogos psicomotrices, predeporte, kung fu, e ximnasia deportiva.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress