Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 15 de junio de 2017 | Leída 12 veces

O comercio galego celebrará do 16 ao 30 de xuño os ‘Días azuis’ para dinamizar as vendas e premiar a fidelidade dos seus clientes

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, presentou a iniciativa xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e o director de Rede Comercial de Abanca, Gabriel González Eiroa. Todas as persoas que merquen nos establecementos de proximidade durante a duración da campaña poderán participar en sorteos de tarxetas prepago de 500, 300 ou 150 euros para mercar novamente no comercio galego. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia da Xunta...

[Img #42330]

 

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, presentou onte a iniciativa Días azuis do comercio galego, que se celebrará do 16 ao 30 de xuño en toda a comunidade co obxectivo de dinamizar as vendas nos establecementos de proximidade e premiar a fidelidade dos seus clientes.

 

Vázquez Abeal, que estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e o director da Rede Comercial de Abanca, Gabriel González Eiroa, explicou que todos os consumidores que merquen no pequeno comercio durante os días de duración da campaña poderán participar nun sorteo no que se repartirán 16.000 euros.

 

Os clientes dos comercios, que deberán gardar ou fotografar o tícket de compra como xustificante, poden enviar un sms ao teléfono 981 099 093 co texto “DIASAZUIS”, seguido do nome e o apelido; rexistrar a compra a través da páxina www.diasazuis.com, ou ben facelo a través do comerciante.

 

Os premios, achegados por Abanca, distribuiranse en 8 tarxetas de prepago de 500 euros (dúas por provincia); 20 tarxetas prepago de 300 euros (cinco por provincia) e 40 tarxetas prepago de 150 euros (10 por provincia). Estas tarxetas deberán ser utilizadas para comprar novamente no comercio de proximidade galego, durante todo o 2017. O sorteo terá lugar ante e por notario o día 5 de xullo. Ademais, durante os tres venres da campaña realizaranse actividades de dinamización en distintas localidades.

 

A iniciativa, impulsada pola Xunta e a Federación Galega de Comercio en colaboración coas federacións provinciais de comercio e as asociacións e centros comerciais abertos, ademais de Abanca, enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que contempla 55 accións específicas ata 2020, e que ten contribuído ao reforzo do sector, que no mes de abril conseguiu incrementar as súas vendas nun 0,9% con respecto ao mesmo mes do ano anterior fronte ao descenso do -1% rexistrado a nivel nacional; un crecemento que en Galicia alcanza o 1,4% no primeiro cuadrimestre de 2017.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress