Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 14 de junio de 2017 | Leída 11 veces

O Concello da Laracha adherirase ao programa cidades amigas da infancia liderado por UNICEF

No Pleno extraordinario que se celebrará este xoves. Proporase a aprobación dun expediente de modificación de créditos para afrontar a achega municipal da construción do viveiro de empresas. Votarase a aplicación da bonificación no ICIO a dúas sociedades que se implantarán no polígono industrial...

O Pleno da Corporación municipal da Laracha reunirase este xoves nunha sesión extraordinaria á que, por iniciativa do goberno local, se elevarán asuntos que foron sometidos nos últimos días aos correspondentes ditames da Comisión Informativa.

 

Unha das cuestións máis relevantes será a proposta de adhesión ao programa Cidades Amigas da Infancia que impulsa UNICEF Comité Español co propósito de promover a aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno (aprobada pola ONU en 1989) no ámbito dos municipios. O Concello da Laracha obtería o Selo de Recoñecemento Cidade Amiga da Infancia e contaría co apoio e colaboración de UNICEF para o desenvolvemento, mellora continua e innovación das políticas de infancia e adolescencia no municipio.

 

Os asuntos restantes son de índole económica. Por unha parte, a aprobación inicial do expediente de modificación de crédito número 1/2017 –o primeiro do exercicio económico en curso- na modalidade de suplemento de crédito. A finalidade deste cambio nos presupostos é dispoñer dos fondos necesarios para asumir a achega municipal -136.126,08 euros- que implica a construción do viveiro de empresas no polígono industrial da Laracha. O proxecto está valorado nun total de 359.000 euros, contándose coa colaboración económica da Consellería de Economía, Emprego e Industria. O citado suplemento de crédito que se proporá ao Pleno financiaríase con cargo a anulacións e baixas noutras aplicacións orzamentarias por gastos inicialmente previstos, pero aos que non será preciso facer fronte.

 

Outra das cuestións será a proposta de aprobación do recoñecemento extraxudicial de créditos para facturas –por concepto de subministración eléctrica en instalacións municipais, mantementos de infraestruturas públicas, actividades deportivas e programas de servizos sociais- pertencentes a 2016 que non puideron ser aboadas con fondos do exercicio anterior ao ser remitidas ao Concello polos provedores trala entrada do novo ano. En total suman 20.174,89 euros, que no caso de alcanzarse o acordo plenario pasarán a aplicarse á partida de gastos de 2017.

 

Por último, proponse a aplicación da bonificación do 95% na cota do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) a favor de Industrias de Diseño Textil S.A. e de Ambulancias e Pompas Fúnebres San Antonio por tratarse de actuacións de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego. Ambas sociedades instalaranse no parque empresarial da Laracha e solicitaron dita redución no tributo municipal ao abeiro de estipulado no artigo 6ºE da ordenanza fiscal número 17.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress