Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 11 de mayo de 2017 | Leída 58 veces

Entrega cheque Banco de Alimentos Rías Altas

Alumnos e antigos alumnos do IES Manuel Murguía lograron reunir 1800 euros, que se destinaron integramente ao Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña...

[Img #42015]

 

Os cartos recadados son produto dun labor solidario que tivo a súa máxima expresión en catro representacións dunha gala benéfica celebrada no Centro Cívico de Arteixo os días 29 e 30 de marzo, e 1 de abril, na que participaron numerosos alumnos e exalumnos con actuacións musicais, bailes e números de maxia.

 

O pasado martes 9 de maio tivo lugar no IES Manuel Murguía a entrega do cheque produto deste acto solidario. O importe recadado (1800 €) foi donado ao Banco de alimentos Rías Altas de A Coruña polas organizadoras da gala Gloria Sánchez, Laura Cimas, Xeila Barallobre e Andrea Pallarés, en representación dos máis de 80 alumnos e exalumnos que participaron na Gala.

 

Pé de foto: Andrea Pallarés (unha das organizadoras da gala e alumna de 2º de bacharelato do noso Centro) e Luís Camba Márquez (Presidente do Banco de Alimentos Rías Altas).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress