Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 12 de enero de 2017 | Leída 16 veces

Conde pon en valor o esforzo dos autónomos e salienta a creación dun bono de ata 2.000 euros

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo onte en Sanxenxo un encontro coa Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE-Galicia), que representa a máis de 40.000 autónomos, para avaliar a nova Estratexia de Autónomos...

[Img #40743]

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo onte en Sanxenxo un encontro coa Xunta Directiva da Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE-Galicia), que representa a máis de 4.000 autónomos pertencentes a 68 asociacións, para avaliar a nova Estratexia de Autónomos para 2017 e escoitar as súas propostas.

 

O titular de Economía puxo en valor o labor e esforzo diario que realizan os autónomos galegos destacando o seu peso na economía de Galicia, xa que 1 de cada 4 traballadores son autónomos ou por conta propia. “Sodes unha peza clave na recuperación económica de Galicia”, sinalou Conde, explicando que, por iso, a Xunta está traballando nunha nova Estratexia para o colectivo “máis ampla e ambiciosa” para converter a Galicia “no lugar máis favorable para ser autónomo”.

 

Sinalou, así mesmo, que os orzamentos do Goberno galego para este ano contemplan un aumento do 60% nos apoios específicos para este colectivo chegando aos 33,2 millóns de euros e un incremento do 44% para o financiamento de autónomos, pemes e microempresas.

 

Conde indicou que se porán en marcha 4 novas medidas como son a creación do bono autónomo de ata 2.000 euros para que aqueles con menores ingresos poidan investir na mellora da competitividade e na súa formación; a ampliación, un ano máis, da tarifa plana para que os que máis o necesiten só paguen 50 euros da cota da Seguridade Social durante 2 anos; o incremento en 16 semanas adicionais da bonificación para conciliar, que se abrirá tamén aos pais; e a extensión a todos os autónomos do programa de remuda xeracional.

 

Así mesmo, para este ano manteranse as axudas á promoción do emprego autónomo que como novidade deste ano non terá requisitos de investimento e duplicaranse os recursos para apoiar a contratación de ata tres traballadores por parte dos autónomos, unha medida inédita no Estado que puxo en marcha Galicia. Así, as axudas mínimas pasarán de 4.000 a 5.000 euros para o primeiro traballador e de 5.000 a 6.000 euros para o segundo e terceiro.

 

Menores de 30 anos

O conselleiro tamén resaltou que a Xunta seguirá favorecendo aos menores de 30 con incentivos ao autoemprego, uns apoios polos que o pasado ano constituíronse preto de 400 mozos como autónomos. “Calquera emprendedor que precise financiamento conta con diferentes liñas de axuda que só no último ano permitiron apoiar case 4 proxectos cada día”, engadiu.

 

Todas estas medidas compleméntanse coas diferentes ferramentas da Xunta para acelerar o emprendemento como son a Unidade Galicia Emprende que axudou á creación dunhas 200 empresas; a plataforma Doing Businness creada para suprimir barreiras administrativas, escoitar e dar resposta aos empresarios; a Rede de Aceleradoras de Empresas; a Lei do Emprendemento que elimina a licenza previa para abrir un negocio e crea as Entidades de Certificación para facilitar novos proxectos empresariais; e os incentivos fiscais.

 

Conde apelou, ademais, a un “diálogo continuado” co sector lembrando que o pasado ano a Xunta retomou a Mesa do Autónomo para seguir avanzando na colaboración existente entre a Administración autonómica e os autónomos para escoitar as principais demandas.

 

Por último, animou a todos os autónomos a seguir loitando “para acadar entre todos unha Galicia mellor”. “Fan falta profesionais, emprendedores e empresarios para poñer en marcha a Galicia do futuro”, rematou.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress