Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 12 de enero de 2017 | Leída 7 veces
coirós

A Xunta investiu máis de 72.000 euros na mellora da seguridade enerxética do Polígono de Coirós

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe a zona das actuacións, acompañado polo alcalde da localidade, Francisco Quintela…

[Img #40738]O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou onte pola mañá o Concello de Coirós, onde foi recibido polo seu alcalde, Francisco Quintela. Tras falar durante uns intres na Casa Consistorial, ambos os dous desprazáronse ao parque empresarial de Penapartida, para comprobar alí as actuacións levadas a cabo pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través das liñas de axuda ás infraestruturas dos parques empresariais de Galicia.

 

En concreto, Rodeiro e Quintela visitaron tres actuacións executadas no polígono industrial de Coirós: a mellora dos servizos enerxéticos por un importe de 64.317,46 euros, un sistema de seguridade para todo o parque empresarial por 4.866,86 euros, e a implantación dun sistema contra o roubo de cable por un importe de 3.110,18 euros.

 

En total, a Xunta completou un investimento de 72.294,5 euros, o 80 por cento do orzamento dos traballos. Durante a visita, Ovidio Rodeiro tivo a oportunidade de falar con algúns dos empresarios beneficiados por esta actuación, agradecidos polas melloras que supuxeron as obras.

 

Durante a visita, o delegado territorial da Xunta na Coruña e o alcalde de Coirós aproveitaron para repasar outras intervencións levadas a cabo pola Xunta de Galicia no concello e para comentar algunhas das necesidades da localidade de cara a futuras actuacións.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress