Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 5 de enero de 2017 | Leída 11 veces

O concello de Arteixo concedeu axudas de emerxencia social a 283 familias no ano 2016

A gasto total elevouse ata 169.318 euros, repartidos en 77.060 euros para axudas de alimentación, 31.845 euros para axudas de vivenda, 11.975 euros para abonar suministros de enerxía, 10.408 euros para gastos de medicación, 5.067 euros para cueiros e 32.959 euros en diversos gastos como o abono de actividades infantiles ou cursos de formación…

O concello de Arteixo concedeu no 2016 un total de 994 axudas de emerxencia social a 283 familias con un gasto total de 169.318 € ata o momento. Eses cartos foron repartidos entre os 77.060 € adicados a axudas para alimentación, 31.845 € para vivenda, 11.975 € para suministros de enerxía, 10.408 € para gastos médicos, 5.067 euros para cueiros e outros 32.959 € repartidos en diversos gastos adicados a sufragar actividades infantiles, cursos de formación ou actividades sociales.

 

O departamento de Servicios Sociales que dirixe Inés Ramos aumentou os gastos de emerxencia social a través dunha nova ordenanza fai cerca de dous anos que elevou as cuantías das axudas, que pasaron dun máximo de 1.500 a 3.000 euros anuais por cada unidade familiar. Considéranse situacións de emerxencia aquelas que orixinan gastos extraordinarios para cubrir necesidades de carácter básico e urxente: gastos de alimentación, vestido, atención sanitaria, formación e inserción sociolaboral, e outras de análoga natureza non cubertas polos diferentes sistemas de protección social, como pagamentos relacionados coa vivenda. É unha prestación económica de carácter extraordinario e pagamento puntual, destinada a paliar situacións de emerxencia de persoas con fogares independentes afectados por un estado de necesidade.

Requisitos para conseguir as axudas
Os requisitos para conseguir as axudas é ter unha valoración técnica favorable por parte dos técnicos de servicios sociais. Tamén hai que cumprir requisitos como ser maior de idade ou menor emancipado; carecer de ingresos anuais superiores ao IPREM (indicador publico de renda de efectos múltiples) que se fixe anualmente, incrementado nun 15% por cada un dos membros da unidade familiar.

 

Para efectos do computo dos ingresos para o recoñecemento da prestación, terase en conta a base impoñible de ultima declaración da renda das persoas físicas e ter acreditado ingresos anuais inferiores ao limite establecido a través de nóminas, certificados do INEM ou certificados da Seguridade Social sobre vida laboral ou percepción de pensións, certificación de intereses bancarios e os últimos movementos bancarios ou calquera outra que se considere válida para acreditar os recursos económicos familiares.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress