Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 5 de enero de 2017 | Leída 21 veces

O Concello e a Cámara de Comercio desenvolverán na Laracha tres accións formativas en diversos sectores

O programa de formación para a busca de emprego vai dirixido a mozos menores de 30 anos de idade. Tamén haberá cursos de coaching comercial e operacións básicas de cociña. Os prazos de inscrición xa están abertos...

A Cámara Oficial de Comercio, Servicios, Industria y Navegación de A Coruña, coa colaboración do Concello da Laracha, impartirá nos próximos meses tres accións formativas que teñen por finalidade esencial ampliar os coñecementos e capacidades profesionais dos alumnos para mellorar a súa empregabilidade e ofrecerlles novas posibilidades de integración no mercado laboral.

 

A primeira das iniciativas que se levará a cabo será o programa de formación para a busca de emprego. Vai dirixido a mozos menores de trinta nos de idade que estean inscritos no Fichero Nacional de Garantía Juvenil, se atopen en situación de desemprego e estean dados de alta no Plan PICE das Cámaras de Comercio. O curso ten unha duración total de 65 horas e impartirase no novo edificio administrativo da Laracha do 23 de xaneiro ao 13 de febreiro.

 

Nas mesmas instalacións, pero neste caso do 14 de febreiro ao 6 de marzo, desenvolverase outro dos programas que se oferta, neste caso relacionado coaching comercial. Ao longo das súas 60 horas de duración, os participantes aprenderán e adestrarán técnicas para a formación en vendas, polo que a iniciativa vai especialmente dirixida a profesionais con perfil comercial.

 

A terceira das accións formativas centrarase nas operacións básicas de cociña e manipulación de alimentos. As 60 horas das que consta o curso impartiranse tamén do 14 de febreiro ao 6 de marzo, pero neste caso no centro sociocultural de Lendo.

 

Nos tres programas o horario lectivo será de 9:00 a 14:00 horas de luns a xoves. Os alumnos que asistan ás sesións formativas e superen as correspondentes probas, recibirán o seu diploma acreditativo.

 

En todos os casos o prazo de inscrición xa está aberto. As persoas interesadas deben dirixirse á Cámara Oficial de Comercio, Servicios, Industria y Navegación de A Coruña para ampliar información e presentar as súas instancias.

 

Estas accións formativas contan co cofinanciamento da Cámara de A Coruña, a Cámara de Comercio de España, o Fondo Social Europeo e o Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress