Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 4 de enero de 2017 | Leída 12 veces

A App do Sergas para guíar aos pacientes polos centros sanitarios, xa dispoñible para a súa descarga gratuíta

Permite que os cidadáns poidan atopar de xeito rápido e sinxelo as instalacións de acceso público do edificio: consultas, habitacións, cafetería, etc. Posibilitará obter automaticamente cita ao chegar ao centro, sen necesidade de empregar os quioscos nin os mostradores. Actualmente funciona xa no HULA e no HAC, e nos próximos meses estenderase a unha vintena de centros de saúde...

[Img #40655]

 

O Servizo Galego de Saúde vén de poñer en marcha SIGUE (Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificios), un sistema pioneiro para a localización e guiado de pacientes no interior de varios dos seus centros. Deste xeito, a través dunha aplicación (app) móbil, os pacientes poderán orientarse dentro do Hospital Lucus Augusti e do Hospital Álvaro Cunqueiro do mesmo xeito que habitualmente se utiliza en exteriores mediante o sistema GPS.

 

A aplicación, xa dispoñible para a súa descarga gratuíta na App Store de Apple e en Google Play, permite ofrecer un servizo de localización no interior de edificios onde non existe cobertura suficiente dos sinais de satélite utilizado polo GPS. A súa precisión ten unha marxe de erro inferior a 1 metro.

 

A app permite tamén consultar as citas programadas no sistema público de saúde, tanto en hospitais como en centros de saúde, ofrecendo a posibilidade de iniciar a navegación ata o centro no que está programada a cita.

 

Ademais, ao sistema téñenselle incorporado funcionalidades como a asignación das quendas de consulta mediante a propia app, unha vez que o paciente estea no centro -xunto co guiado ata a sala de espera correspondente-, sen necesidade de empregar os quioscos habilitados para isto nin de acudir aos mostradores de cita.

 

Tamén inclúe a proposta de rutas no exterior ata o centro en que está programada a cita médica; a suxestión de rutas internas ata o punto público do hospital que se elixa; información sobre servizos non sanitarios do edificio (cafetería, prensa, etc.) e da súa contorna; e a comunicación dunha posición dentro do centro a outros usuarios da app que figuren como contactos.

 

Para o funcionamento desta aplicación móbil tense creado un sistema de cartografía de edificios para incorporar os mapas internos dos centros nos que funciona o sistema de guiado. Así mesmo, permitirá utilizar realidade aumentada -igual que nos xogos de última xeración- para orientarse, tanto en exteriores como en interiores.

 

O Hospital Lucus Augusti de Lugo, cunha superficie de 166.000 m2, dá servizo a unha área poboacional de máis de 300.000 persoas; mentres que o Álvaro Cunqueiro de Vigo, cunha superficie de 280.000 m2, dá servizo a unha área poboacional de máis de 600.000 persoas. Neste centro, a navegación interna tamén funciona dentro do aparcadoiro.

 

Nos próximos meses está previsto que o sistema se estenda ao Hospital Comarcal de Verín, a unha vintena de centros de saúde correspondentes á Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense e ao edificio administrativo da Consellería de Sanidade e do Sergas, en Santiago.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress