Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 4 de enero de 2017 | Leída 5 veces
Deputación da Coruña

A Deputación destina 4 millóns de euros para labores de desbroce nos máis de 2.000 quilómetros de estradas provinciais

Os traballos de desbroce e limpeza das marxes das estradas provinciais deixan de estar incluidos no Plan de Conservación e son obxecto dun contrato exclusivo, o que contribuirá a mellorar o servizo. As rozas divídense en catro zonas xeográficas que comprenden as 413 estradas da Deputación, e levaranse a cabo durante 2017 e 2018. Mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar o drenaxe en caso de choiva, principais obxectivos da campaña...

A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación, por un importe total de 3.902.395 euros, os contratos das campañas de desbroce nas estradas de titularidade provincial para os anos 2017 e 2018.

 

Coa fin de garantir as mellores condicións de circulación nos máis de 2.000 quilómetros da rede provincial de estradas nos 93 concellos coruñeses e de que os desbroces podan levarse a cabo antes da chegada do verán, a Deputación licita este servizo a principios do novo ano.  Ademáis, por primeira vez, a limpeza e desbroce dos viais non estará incluido no Plan de Conservación de Estradas, senón que é obxecto dun contrato exclusivo para a realización destas labores, o que contribuirá a mellorar o servizo,

 

Segundo explicou o deputado responsable da área de Vías e Obras da institución provincial, José Manuel Pequeño, as empresas adxudicatarias  encargaranse dos traballos de desbroce e limpeza de herbas e maleza nas marxes de todas as estradas provinciais, incluíndo cunetas, beiravías e taludes, co obxectivo de facilitar a visibilidade da circulación, evitar a propaganción de incendios e facilitar o drenaxe en caso de choiva.

 

Os traballos tamén contemplan labores de recollida, carga e transporte dos residuos dos desbroces ao vertedoiro, a limpeza dos sistemas de drenaxe das estradas,  incluíndo sumidoiros, pozos e canais, e a limpeza ou substitución das sinais que se atopen deterioradas ou non se vexan adecuadamente. A campaña poderá incluír ata tres desbroces anuais, sendo o primeiro deles completo e os seguintes en función de necesidades puntuais.

 

Catro zonas de desbroce que suman un total de 2.103 quilómetros

Co fin de permitir unha maior axilidade na realización das labores, a campaña de desbroces desenvolverase en catro zonas xeográficas da provincia, correspondendo cada unha delas a un lote de estradas provinciais.

 

Deste xeito, a denominada como Zona A, comprende as comarcas de Ferrolterra-Ortegal e Eume, e inclúe o desbroce de 113 tramos de estrada, cunha extensión total de 557 quilómetros.

 

A Zona B, abarca 101 tramos de estradas das zonas da Coruña, Betanzos, Melide e Arzúa, cun total de 488 quilómetros.  A Zona C, contempla as estradas da Coruña, Ordes, Santiago, Bergantiños e a comarca do Sar, con 88 tramos e 515 quilómetros e a Zona D, engloba a comarca do Barbanza, Noia, Barcala, Muros, Xallas, Fisterra e Terra de Soneira, con 111 estradas, e 511 quilómetros, respectivamente.

 

As catro zonas en conxunto fan un total de 2.103 quilómetros das 413 estradas provinciais nas que se efectuarán os traballos da campaña de desbroce. O investimento máximo para cada unha destas zonas ascende a 487.799,40 euros ao ano

 

As empresas interesadas na realización destes traballos, teñen de prazo ata o 8 de febreiro de 2017 para presentar as súas ofertas. O contrato terá unha duración de dous anos, prorrogables a dous anos máis, segundo as bases reguladores da oferta desta licitación.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress